Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de febreiro de 2023

Todas as actividades serán de entrada libre ata completar capacidade

O Concello promove o programa Agra no Ágora, que comeza este mércores coa obra teatral ‘As fillas bravas de Momán’, de Chévere

Durante este ano programaranse actuacións musicais e teatrais, palestras e exposicións vinculadas á cultura galega

Este mércores 8 de febreiro comeza unha nova edición do programa cultural Agra no Ágora, que se levará a cabo no centro sociocultural Ágora. Estas actividades están promovidas polo Concello da Coruña e organizadas en conxunto coa Asociación Veciñal Agra. O seu obxectivo é a difusión da cultura galega entre a cidadanía con diferentes propostas teatrais ou musicais durante o ano.

O programa comezará este mércores coa representación de 'As fillas bravas de Momán', da compañía teatral Chévere. A actuación comezará ás 20.15 horas e, como todas as actividades, será de entrada libre ata completar capacidade. A compañía, gañadora do Premio Nacional de Teatro no 2014, regresa á cidade tras o éxito das súas funcións de decembro no Ciclo Principal do Teatro Rosalía de Castro, onde representou NEVERMORE e Curva España.

A programación continuará o xoves 20 de abril coa actuación musical do grupo Banda Xangai. Tamén están previstos os concertos de Fiandola e Parabéns (18 de maio) e Barahúnda e Cantometrics (27 de xullo). Por outra banda, a agrupación teatral A Panadaría volverá a representar na cidade a súa obra 'As que limpan' o 19 de outubro.

Ademais, o programa Agra no Ágora tamén ofrecerá diferentes palestras de actualidade e exposicións durante os vindeiros meses. O Concello da Coruña busca promover con este tipo de iniciativas actividades de interese nos diferentes barrios da cidade, da man do seu tecido asociativo.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión