Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de agosto de 2021

O Concello reabre o parque infantil da Mariña tras as obras de mellora

O Goberno local continúa co seu plan de renovación dos parques infantís

O Concello reabre esta tarde o parque infantil da Mariña tras as obras de mellora que se levaron a cabo para cambiar o pavimento de caucho. O traballos forman parte dunha actuación integral de renovación dos parques da cidade posta en marcha polo Goberno local.

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou xa hai unhas semanas que a intención do Goberno  é que os 139 espazos de lecer que hai na cidade estean en boas condicións e que sexan accesibles a toda a veciñanza. Para iso, o Concello e a Fundación Abrente están traballando na elaboración dunha guía de accesibilidade de parques infantís en formato electrónico onde os pais e as nais poderán consultar as instalacións, xogos, materiais e o seu grao de accesibilidade.

O Concello investiu desde o inicio do mandato un total de 1,6 millóns de euros neste plan de recuperación. En total, renováronse 12 parques infantís creáronse dous novos: Breogán e Zapateira e, ademais, está prevista a construción de dúas zonas infantís novas en A Silva e Xuxán.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión