Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de xuño de 2021

O Concello recoñece o esforzo dos mellores estudantes nas ABAU

A alcaldesa, Inés Rey, lembrou a importancia que tivo a formación e o coñecemento para combater a COVID.

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá en María Pita as e os estudantes con mellores expedientes nas probas ABAU dos centros educativos da cidade. A alcaldesa expresoulles en nome de toda a Corporación o seu "orgullo, porque nesta, a segunda selectividade da pandemia, superastes todas as expectativas", e felicitounos "polo vosos resultados, polo voso traballo e polo voso novo camiño". O alumnado, acompañado no acto por familiares e profesorado, recibiu un agasallo que lle foi entregado pola alcaldesa.

Rey sinalou que nunha situación marcada por unha pandemia global, con clases condicionadas polas restricións sanitarias, cun curso, non só este, senón o de 2020, "demostrastes ser unha xeración capaz de derrotar á adversidade e seguistes loitando polos vosos soños, polo voso camiño, para alcanzar esta primeira meta vital cuns extraordinarios resultados"

Hoxe, dixo, que comezamos a ver a luz, a esquivar lentamente un virus que se cobrou a vida de decenas de miles de españois e de millóns de persoas en todo o mundo, vós representades esa esperanza á que nos agarrabamos todos nos momentos máis difíciles da pandemia. Apuntou que a educación non é só unha cuestión de cantidade de coñecemento, senón de actitude e destacou a importancia da formación, da ciencia, do coñecemento. "Foi a nosa arma máis poderosa para vencer o virus. Vós sodes a nosa arma máis poderosa fronte a calquera adversidade", dixo ao tempo que lles aconsellou que nunca deixen de formarse, de aprender; " Nunca perdades a curiosidade. E sobre todo perseguide o que amades". Inés Rey explicoulles que o Goberno local comprometeuse a poñer en práctica políticas encamiñadas a desenvolver oportunidades e desatacou o impulso da Cidade das TIC, o maior polo de atracción tecnolóxica de Galicia, para o futuro da xuventude da cidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión