Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de julio de 2021

O Concello recoñece o gran labor social desenvolvido por Protección Civil durante a pandemia

A concelleira Yoya Neira e o edil Juan Ignacio Borrego entregáronlles medallas e diplomas ás 29 persoas voluntarias deste corpo que participaron de forma máis activa neste último ano e medio para axudar ás persoas máis vulnerables

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, entregarónlles esta tarde medallas e diplomas ás 29 persoas voluntarias de Protección Civil, que participaron de forma máis activa durante a pandemia para axudar ás veciñas e veciños máis vulnerables, un dos colectivos prioritarios para o Goberno de Inés Rey. No acto, celebrado no salón de plenos, Borrego sinalou que este corpo simboliza a esencia da solidariedade nesta cidade: "Esa condición altruísta fai posible que A Coruña teña unha estrutura sólida e se sinta segura. Sodes resolvedores de problemas e o demostrastes máis se cabe durante esta crise que estamos vivindo".

Borrego engadiu que Protección Civil supón un pilar fundamental para a concellería de Seguridade Ciudadá e recordou, entre outras cifras, os 12.752 menús que repartiron desde marzo de 2020 e as 1.214 saídas que realizaron para distribuíren material polos fogares, sobre todo, de protección contra o virus. Á marxe de todas estas tarefas, Borrego remarcou que tiveron un dos xestos máis bonitos, en que "aparcastes o coche até en 149 ocasións para facer felices ás nosas nenas e nenos cunha mensaxe a golpe de megáfono, achegándolles un diploma polo ascensor ou pinchándolles o cumpreanos feliz cando elas e eles non podían saír á rúa".

Pola súa parte, Yoya Neira tamén recalcou a importancia que tiveron na formación e acompañamento do grupo de 530 voluntarias/os que se formou nada máis comezou o estado de alarma, o 13 de marzo do ano pasado, e subliñou as 600 chamadas atendidas desde a liña telefónica Acompáñote. Ademais, estas 29 persoas colaboraron no repartimento de material didáctico a alumnas e alumnos de 29 colexios. Así mesmo, Neira fixo fincapé nas bolsas comedor en que cooperaron na distribución dun total de máis de 36.000 menús que permitiron que 656 menores continuasen recibindo unha alimentación axeitada durante o confinamento.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión