Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de decembro de 2022

Inés Rey valorou a posta en marcha do proxecto como "un novo motor para a inclusión laboral na cidade"

O Concello recupera o servizo dos Cabaliños de Méndez Núñez, que será atendido por persoas usuarias da asociación APEM

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou hoxe a sinatura do convenio coa Asociación Pro Enfermos Mentales da Coruña a través da Fundación Emalcsa

Este mércores, a Xunta de Goberno Local aprobou a sinatura dun convenio coa Asociación Pro Enfermos Mentales da Coruña (APEM), que, a través da Fundación Emalcsa, permitirá a recuperación dos emblemáticos Cabaliños de Méndez Núñez para a posta en marcha dun proxecto de integración laboral de persoas con diversidade funcional.

Os cabaliños dos xardíns, unha das atraccións máis simbólicas da cidade, estiveron en funcionamento entre os anos 1969 e 2002. "Este Goberno municipal, coa colaboración da familia propietaria dos Cabaliños, aposta por volver a poñer en marcha aquel servizo, impulsando o potencial turístico da cidade e sumando un novo motor para a inclusión laboral na Coruña", explicou Inés Rey, que trasladou o seu agradecemento aos propietarios dos Cabaliños por contribuír á volta desta atracción clásica da paisaxe coruñesa.

Persoal usuario de APEM será o encargado de xestionar o servizo dos cabaliños, que xa estarán operativos nestas festas de Nadal. Nos vindeiros días, o Concello ofrecerá toda a información con respecto aos días e horarios de operatividade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión