Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de xullo de 2021

O Concello reforza o seu compromiso coa seguridade cidadá promocionando a 12 policías locais

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, felicitou as e os novos oficiais da Policía Local e agarda que continúen a ser “unha extensión do propio Concello”

O Concello da Coruña reforza o seu compromiso coa seguridade cidadá ao promocionar desde hoxe doce axentes de Policía Local no seu cadro de persoal.

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, felicitou as e os novos oficiais da Policía Local e agarda que continúen a ser "unha extensión do propio Concello" para "seguir defendendo as ordenanzas municipais, velar pola seguridade da veciñanza e garantir o servizo público".

As e os novos oficiais foron recibidos esta mañá no pazo municipal de María Pita pola rexedora, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego; o concelleiro de Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas; e o responsable da Área de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán.

No que vai de ano, ademais destes ascensos, tamén promocionaron 3 oficiais da Policía Local a inspectores.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión