Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de xaneiro de 2023

O Concello remata a restauración dos farois históricos do Teatro Rosalía de Castro

A actuación foi obra do mestre Santiago Martínez Otero, quen xa rehabilitara o monumento a Breogán de Escudero Carril, e que traballou na restauración de distintos elementos na Catedral de Santiago

O Concello da Coruña rematou os traballos de restauración dos farois de fundición situados no exterior do Teatro Rosalía de Castro, seguindo co obxectivo do Goberno de Inés Rey de recuperación, restauración e conservación de elementos do patrimonio histórico-artístico da cidade. 

Os farois que se restauraron son os localizados nas fachadas principal e laterais do Teatro. Presentaban algúns danos como capas de pintura en mal estado, oxidación superficial e deslaminacións, así como algúns engarzamentos e remaches deteriorados. O Concello levou a cabo a desmontaxe e retirada dos soportes, lámpadas e illadores de amarre situados no exterior do edificio para o seu traslado e posterior restauración no taller. Despois realizáronse os traballos de restauración, retirando capas de pintura e ferruxe, reparando desperfectos puntuais e recuperando volumes perdidos nos soportes. Esta mesma semana remataron de colocarse e realizouse a súa instalación eléctrica, rematando o conxunto da actuación.

Os traballos foron executados por Santiago Martínez Otero, mestre ferreiro compostelán de gran prestixio. Entre os seus últimos traballos figuran actuacións na restauración da Catedral de Santiago, con intevencións no ciborio, a Porta Santa, a Torre do Reloxo ou a cripta. Ademais do seu recoñecemento como restaurador do patrimonio histórico, Santiago Martínez Otero recibiu o pasado ano 2021 o Premio Richard H. Driehaus das Artes e da Construción, na categoría de forxa, enreixados, cerrallaría, vidreiras con chumbo e outros traballos do metal.

Santiago Martínez Otero, "Chago", foi o mestre encargado de dirixir a restauración do "Breogán" de Escudero Carril, escultura localizada na praza de San Cristovo desde 1992. A actuación foi unha das 14 postas en marcha polo Goberno de Inés Rey o pasado ano 2022 para a conservación e recuperación do patrimonio histórico da cidade. Entre elas destacan a restauración do mural de canteira de Leopoldo Nóvoa, a recuperación da obra de Xosé Castiñeiras e a restauración e rediseñado da Praza do Humor, culminando a reurbanización da contorna do Mercado de San Agustín.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión