Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de agosto de 2020

O Concello remata os traballos de renovación do firme no grupo de vivendas da avenida do Exército

A Área de Infraestruturas tamén iniciará a curto prazo a restauración das dez luminarias de fachada deste grupo de residencias, co fin de mellorar notablemente o control da luz e de reducir a contaminación luminosa

O Concello vén de rematar os traballos de renovación do firme no grupo de vivendas situadas entre a avenida do Exército, o parque Europa e a rúa Río Monelos.

En concreto, renovouse e reparouse o firme das calzadas nunha superficie de 530m² no espazo comprendido entre as vivendas da avenida do Exército e o parque Europa. A zona repavimentada forma parte das vías de acceso ás vivendas e aos locais soterrados dos edificios.

Por outra banda, a Área de Infraestruturas iniciará a curto prazo a renovación das dez luminarias de fachada deste grupo de vivendas, co obxectivo de mellorar notablemente o control da luz e de reducir a contaminación luminosa.

Juan Díaz Villoslada asegura que esta actuación forma parte dun plan de mellora nas infraestruturas do municipio, "resultado do compromiso da alcaldesa Inés Rey con todos os barrios da cidade".

A Xunta de Goberno Local do pasado 7 de agosto deulle luz verde á cesión gratuíta destas vivendas da avenida do Exército, propiedade do Estado, para as incorporar ao inventario municipal de vías públicas urbanas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión