Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de maio de 2020

O concello reparte máis de 20.000 menús das bolsas comedor desde que se iniciou o estado de alarma

Un total de 659 crianzas están dadas de alta no servizo municipal, que se está a prestar tamén nas datas festivas

O concello repartiu máis 20.000 menús do programa Bolsa comedor desde que comezou o estado de alarma. O servizo, explican desde a Concellería de Benestar Social, segue a funcionar tamén nas xornadas festivas coma a de onte, en que se entregaron os kits de comida ás familias beneficiarias da bolsa.

A intención do Goberno local é a de seguir reforzando os servizos municipais destinados a protexer á crianza máis vulnerable, consciente da situación complicada que viven moitas familias da cidade.

Un total de 659 nenas e nenos están dados de alta no programa, dos que 99 reciben os menús na súa casa a través do persoal voluntariado do concello e de Protección Civil. Durante este tempo, as familias recollen o menú no colexio que lles asignan os responsables de Benestar Social. E se non poden saír do seu domicilio, un equipo de voluntarios lévanllo á casa.

Os centros educativos onde se fai a repartición son: Víctor López Seoane, María Pita, Raquel Camacho, Salgado Torres, Fogar de Santa Margarida, e Grande Obra de Atocha,

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión