Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de octubre de 2020

O Concello resolve as axudas ás entidades veciñais, que este ano aumentaron un 50%

A alcaldesa, Inés Rey, destaca o papel das asociacións, xa que “o ano pasado ambas as convocatorias sumaron 40.000 euros mais neste exercicio imos investir 60.000 euros”

O concello resolveu provisionalmente a concesión das subvencións dirixidas ás asociacións veciñais, co fin de apoiar os proxectos, as actividades e o funcionamento destas entidades da cidade durante 2020. A alcaldesa, Inés Rey, asegura que estas axudas son "vitais" para o funcionamento normal das entidades veciñais e "máis aínda agora, nun momento de crise provocado pola pandemia que tamén afectou ás arcas das asociacións da cidade". Rey destacou o esforzo orzamentario que supuxo o aumento destas axudas nun 50% con respecto ao ano anterior, co que se chegou até os 60.000 euros. "O labor destas entidades é imprescindible para fomentar o tecido social e transformar os nosos barrios, a nosa cidade", asegurou.

Neste sentido, a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, Yoya Neira, lembrou que estas axudas materialízanse en forma de dúas convocatorias: por unha banda a dirixida a apoiar os programas, proxectos e/ou actividades de interese cívico, social ou cultural que realicen as asociacións durante este ano, e por outra banda a convocatoria para apoiar economicamente os custos de funcionamento das entidades veciñais. Este ano incrementouse a partida para gasto corrente tendo en conta as consecuencias da crise provocada pola COVID-19, que impediu que se realizasen actividades e, por tanto, diminuíron as achegas derivadas dos programas.

A primeira convocatoria, cunha subvención de 35.000 euros, comprende programas e metodoloxías de participación cidadá, co fin de que veciñas e veciños dun barrio concreto ou de toda a cidade poidan abrir espazos de debate, intercambio de ideas ou elaboración de propostas incorporando mecanismos de participación cidadá. Tamén abrangue proxectos, programas e/ou actividades culturais, formativas e educativas, valiosas para toda a cidadanía do concello da Coruña, sen se precisar ter a condición de socia/o para participar nelas (información e formación en condutas cívicas ou mellora de hábitos en relación coa contorna, obradoiros, cursos, conferencias ou similares) e que favorezan a participación activa da cidadanía na vida da cidade. Por último, as axudas contribúen a celebrar pequenas festas populares que axuden a manter as tradicións culturais ou os costumes propios do arraigamento nos barrios (recuperación de celebracións tradicionais, festas patronais, magosto, Nadal, Entroido e eventos de características similares).

A segunda convocatoria, cunha subvención de 25.000 euros, vai dirixida a apoiar economicamente os gastos de funcionamento das asociacións veciñais que carezan de locais municipais en réxime de cesión gratuíta do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2020, de acordo con criterios obxectivos que ponderen a importancia e representatividade de cada unha delas.

A partir de que se publiquen as propostas provisionais, todas as entidades veciñais propostas como beneficiarias disporán dun prazo de 10 días para presentaren alegacións.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión