Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de xuño de 2020

O concello restablece a partir do luns a totalidade do servizo de transporte urbano

Coincidindo coa Fase 3 da desescalada que se implantará na comunidade galega, e co fin de satisfacer as necesidades de mobilidade da cidadanía no proceso cara á nova normalidade O servizo desenvolverase con todas as garantías de seguridade e hixiene, seguindo os mesmos protocolos de seguridade aplicados desde o inicio da crise sanitaria

Coincidindo coa implantación da fase 3 de desescalada no proceso cara á nova normalidade, a Compañía de Tranvías reactivará a partir do luns, 8 de marzo, a totalidade do servizo habitual de transporte urbano. Así, o 100% da frota sairá á rúa para atender as necesidades de mobilidade das persoas usuarias.

Durante as últimas dúas semanas o servizo xa se viu incrementado nun 30% respecto á fase 1, e con este novo paso facilitarase á cidadanía que renoven a súa actividade movéndose nun transporte público e con todas as garantías de seguridade.

A Compañía de Tranvías manterá vixentes todas as medidas de hixiene e prevención xa establecidas como a colocación de biombos de seguridade na cabina do condutor ou as medidas especiais de limpeza e desinfección dos vehículos, que a partir da próxima semana incluirán a instalación de dispensadores de xel hidroalcohólico para as persoas usuarias.

O compromiso da Compañía de Tranvías e a súa eficacia á hora de implantar as medidas de protección verase en breve referendado pola certificación AENOR fronte a COVID-19. Este selo avala a adecuada implantación de medidas de seguridade e hixiene de maneira que as empresas e institucións poidan garantir ás persoas usuarias, as súas empregadas e empregados e á súa clientela que nas súas instalacións están a desenvolverse prácticas eficaces para a xestión dos riscos derivados da COVID-19

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión