Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de xullo de 2020

O Concello tenta desbloquear o informe negativo de Patrimonio sobre a mellora dos accesos ao Centro Oncolóxico

O organismo da Xunta informou desfavorablemente a esta mellora de accesos, “unha situación que dificulta que poidamos acometer a obra tal e como pensabamos pero que trataremos de solventar co departamento autonómico”, explicou a alcaldesa

A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta mañá xunto ao concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, as instalacións do Centro Oncolóxico, para coñecer de primeira man o "funcionamento e o estado do edificio, que leva tempo demandando reformas" e para "estudar a mellora dos accesos ao centro hospitalario, que é xa unha demanda histórica", dixo  a rexedora.

Durante a visita, Rey asegurou que o Concello está a tentar desbloquear o informe negativo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia sobre a mellora dos accesos. O organismo da Xunta informou desfavorablemente a esta mellora de accesos, "unha situación que dificulta que poidamos acometer a obra tal e como pensabamos pero que trataremos de solventar co departamento autonómico", explicou a alcaldesa.

Rey sinalou que "entendiamos que a solución urbanística que presentaba o Concello era a máis acaída para a zona e que solucionaba os problemas de comunicación e de accesos. De todos os xeitos, cremos que podemos tratar de dialogar coa administración autonómica para poder dar unha solución".

A alcaldesa e o concelleiro reuníronse co xerente do COG, Manuel Ramos Vázquez, a directora administrativa e secretaria da Fundación, Lucía Cachafeiro, o vicepresidente da Fundación, Fernando Cachafeiro, e a subdirectora administrativa, María Jesús Ortiz, os cales lle amosaron o equipamento do centro e, en concreto, as aceleracións lineais.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión