Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de octubre de 2026

O Concello xestionará de forma integral e dixitalizada todos os aspectos relativos ás colonias felinas da cidade

O novo modelo presentado nas Xornadas Urbandog permite un maior control da poboación de gatos, mellora a formación dos voluntarios e favorece a convivencia na contorna urbana

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, inaugurou hoxe a terceira edición das Xornadas Urbandog, que organiza o Concello coa colaboración de Arión no Fórum Metropolitano. No relatorio que abriu a xornada, técnicos da Concellaría de Medio Ambiente explicaron o novo modelo de xestión das colonias felinas da cidade, unha iniciativa que, segundo explicou Neira, permitirá pasar "dunha xestión reactiva a unha xestión estratéxica".

O Goberno de Inés Rey avanza así na mellora das políticas municipais de benestar animal, cun modelo que permitirá coñecer con maior precisión a situación das colonias felinas, reforzar o seu seguimento e garantir unha actuación coordinada entre os servizos municipais, o voluntariado, as entidades colaboradoras e os profesionais veterinarios.

Neira lembrou que o desenvolvemento da Lei 7/2023 de benestar animal atribúelle aos concellos a responsabilidade da xestión dos gatos comunitarios. "Tomamos esta obriga como unha oportunidade para desenvolver un programa integral, apoiado nas novas tecnoloxías, que mellore o benestar dos felinos, aumente a formación e o compromiso do voluntariado e permita minimizar os posibles conflitos de convivencia cidadá que poidan xurdir", explicou a responsable municipal de Medio Ambiente.

Entre as principais novidades destaca a realización dun mapeamento das colonias e dos gatos comunitarios existentes na cidade para proceder á súa identificación e seguimento, o que permitirá aplicar de maneira máis eficaz o método CER -captura, esterilización e retorno- e devolvelos ás súas colonias de forma controlada.

Así mesmo, o novo modelo reforza a formación do voluntariado, que estará debidamente identificado e deberá asumir un compromiso nas súas funcións de alimentación, observación e comunicación de información sobre os animais. O obxectivo é dispoñer da maior cantidade de datos posible sobre cada colonia e facilitar unha resposta máis rápida ante calquera incidencia. Os cursos de formación, nos que xa hai 130 persoas inscritas, comezarán o vindeiro luns 5 de outubro.

Neste sentido, Neira lembrou que unicamente as persoas voluntarias formadas e incluídas no programa poderán alimentar os gatos das colonias e que aquelas persoas que alimenten animais na vía pública sen autorización poderán ser sancionadas en aplicación das ordenanzas municipais.

Para rematar, Neira destacou a posta en marcha dun software específico para a xestión das colonias felinas, que permitirá xeolocalizalas, dixitalizar toda a información dispoñible e xestionar as incidencias en tempo real con maior transparencia e eficacia. "As novas tecnoloxías axúdannos neste labor, pero é imprescindible apelar á responsabilidade de todas as persoas que van participar no novo modelo: voluntariado, técnicos de Medio Ambiente, entidades colaboradoras, profesionais veterinarios e cidadanía en xeral. A colaboración de todos é fundamental para que a súa aplicación sexa un éxito e redunde tanto no benestar dos animais coma na mellora da convivencia cidadá", sinalou Neira.

As III Xornadas Urbandog, que comezaron hoxe sábado cunha serie de relatorios e mesas redondas sobre benestar animal, convivencia coas mascotas, coidados e lexislación, culminarán mañá domingo cunha exhibición da Unidade Canina da Policía Local e outra de pastoreo tradicional no parque Europa. Todas as actividades son de libre acceso.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión