Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de setembro de 2022

Alumnas e alumnos coruñeses en idades que van de Infantil a Bacharelato poderán participar en 77 actividades que abordan cuestións como a participación cidadá e o fomento da igualdade social e de xénero

O Consello Local da Infancia súmase á nova edición dos Programas Educativos Municipais, que abrirá o prazo de inscrición o vindeiro xoves

Unha das novidades é o programa Espías no Tempo, que achegará aos máis pequenos á historia dos barrios nos que están localizados os seus respectivos centros educativos

O Concello porá en marcha a vindeira semana a edición 2022-23 dos Programas Educativos Municipais, unha iniciativa posta en marcha pola concellaría de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego coa colaboración das demais concellarías e co obxectivo de implicar ao alumnado de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Educación Especial dos centros educativos da cidade en cuestións como a participación cidadá, o fomento da igualdade social e de xénero, así como na súa formación científica, tecnolóxica e artística, e tamén a seguridade vial e a prevención de condutas aditivas.

Nesta edición, os Programas Educativos Municipais abranguen doce itinerarios (A Coruña de Aventura, A Coruña das Ciencias, A Coruña Cultural, A Coruña Participa, A Coruña Orienta, A Coruña Tardes, A Coruña Saúde, A Coruña e o Consumo, A Coruña Vial, A Coruña Ambiental, A Coruña Linguas e A Coruña en Igualdade). En total, serán 77 as actividades que se levarán a cabo o vindeiro curso, coa colaboración dos servizos municipais de Educación, Museos Científicos, Bibliotecas, Cultura, Participación, Xuventude, Emprego e Empresa, Deportes, Benestar Social, Consumo, Mobilidade, Medio Ambiente e Igualdade, así como a Policía Local.

Entre estas actividades destacan, como novidades deste ano, o programa Espías no Tempo, que achegará ás e aos alumnos coruñeses en quinto e sexto ano de Primaria á historia dos barrios nos que están ubicados os seus respectivos centros educativos, reforzando a identificación dos máis pequenos coas diversas paisaxes da cidade. 

Ademais, e dando cumprimento ao acordo establecido en novembro do ano pasado pola alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro de Educación, Jesús Celemín, no contexto do pleno infantil polo Día da Infancia, este ano porase en marcha o Consello Local da Infancia da Coruña (CLIAC), un órgano participativo a xestionar tamén por alumnado de quinto e sexto ano de Primaria que permitirá aos máis pequenos trasladar ao Goberno municipal as súas demandas e inquedanzas como cidadáns da Coruña, dándolles voz. Neste sentido, o Consello Local da Infancia da Coruña estará activo ao longo de todo o curso educativo.

Tamén este ano, e coincidindo coa proximidade das actividades conmemorativas polo Ano Picasso, o programa A Coruña Cultural potenciará os percorridos urbanos e as visitas escolares ás casas museo da cidade. Entre elas, as de María Pita e María Casares, pero con especial protagonismo para a casa museo de Pablo Picasso, onde residiu o pintor entre os anos 1891 e 1895, sendo neno. Neste sentido, as visitas escolares ás casas museo terán lugar entre o 17 de outubro e o 16 de xuño de 2023.

Continuidade aos programas de Cinema na Escola e Sementando Participación

Durante este curso, o alumnado dos centros educativos da cidade poderá gozar con actividades xa presentes na programación de anos previos e ben recibidos pola comunidade educativa. É o caso de Sementando Participación, un programa educativo municipal fundamental no eido da promoción da participación cidadá e do pensamento crítico entre o alumnado, e que a mediados de marzo rematou a súa quinta edición cun acto no Ágora no que participaron máis de 180 alumnos dos CEIP's Alborada, Labaca e o Colexio Fogar de Santa Margarida.

Por outra banda, o programa Cinema na Escola, ideado co obxectivo de fomentar a cultura audiovisual e a aprendizaxe cinematográfica entre os mozos e mozas, e que afrontará este ano a súa segunda edición tras unha primeira experiencia, o curso pasado, na que 25 centros educativos participaron na creación de 20 pezas audiovisuais, que foron expostas a mediados de maio no Centro Sociocultural Ágora.

 O día 15 abre o prazo de inscrición para os programas

O prazo de solicitude para as actividades previstas este ano nos Programas Educativos Municipais abrirase o vindeiro xoves 15 de setembro. As inscricións nas diversas actividades propostas poden levarse a cabo a través dunha ficha xeral, que engloba todos os programas que se ofertan no Plan Coruña Educa, e, nalgúns casos, tamén será preciso cubrir unha ficha específica para recabar máis información relacionada coas peculiaridades do programa educativo.

O enlace a estas fichas xa está dispoñible dentro da descrición de cada programa e a web do Programas Educativos .

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión