Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de mayo de 2022

O CoruFest, dedicado este ano a Samuel Luiz, cumpre cinco edicións achegando a diversidade ás diferentes artes

A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación do festival: “Iniciativas como esta axudan a loitar contra calquera tipo de discriminación”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou este luns a quinta edición do festival CoruFest, que se realizará do 17 ao 29 de maio en diferentes espazos da cidade. Este acontecemento contará cunha programación formada por obras teatrais, exposicións, encontros, obradoiros e iniciativas singulares cuxo obxectivo é a reivindicación da igualdade e a diversidade. Esta edición estará dedicada á memoria de Samuel Luiz, cuxa figura estivo moi presente no acto realizado en María Pita.

O CoruFest continuará amosando a súa singular proposta nos escenarios do Teatro Colón, Teatro Rosalía de Castro e o Fórum Metropolitano. Unha das grandes citas desta edición será Miss Beige, protagonista tamén do cartel do festival, cunha fotografía realizada na praia de Riazor en lembranza de Samuel Luiz. Completan este apartado do programa diferentes propostas de teatro social, divulgación LGTBI ou ficción para todos os públicos. A compañía A Panadaría presentará 'As que limpan', La Joven Compañía interpretará 'Para acabar con Eddy Bellegueule', Pérez&Disla interpretarán 'A sorte', Brigitte Vasallo presentará 'Triloxía de Naxos' e Espejo Negro traerá 'Cris, pequeña valiente' á cidade.

"Temos que erradicar a homofobia da nosa sociedade e iniciativas como o CoruFest axudan a loitar contra calquer tipo de discriminación, educando na diversidade", apuntou a alcaldesa Inés Rey durante a rolda de prensa, na que estiveron presentes Gustavo del Río e José Leis, directores do festival. A alcaldesa quíxose lembrar da figura de Samuel Luiz durante a presentación do CoruFest.

Dentro da colaboración entre o festival e as Bibliotecas Municipais enmárcase este ano a presenza na programación de Dous Bigotes, editorial especializada na literatura LGTBI. Tamén amosarán os seus traballos literarios Luís Maura e Julen Azona. Participará no CoruFest o escritor de orixe compostelá Roy Galán. Completan esta sección de 'Encontros', que terán lugar na biblioteca do Ágora, Daniela Fernández Pérez e Afonso Becerra.

Por outra banda, as casas museo da cidade tamén estarán implicadas no CoruFest a través de diferentes exposicións. Será o caso das fotografías de Lázaro Louzao, que estarán na Casa Museo Casares Quiroga. Gorllitox presentará na Casa Museo Pablo Picasso a súa colección de debuxos 'Todos los hombres buenos'. Por último, Carlota Mosquera exporá a súa obra na Casa Museo María Pita.

O programa complétase con obradoiros de distinto tipo e as 'Xanelas', unhas mesas de debate que son xa un clásico deste festival e que estarán coordinadas por Pablo Zas. Tamén haberá actuacións moi especiais na Fundación Luís Seoane os dous domingos do festival, con música e humor.

A programación completa por días pódese consultar nas redes sociais de CoruFest.

Documentos:

Dossier informativo (2 MB)

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión