12 de agosto de 2021
O Concello quere agradecerlles ás comparsas o seu papel nas festas da cidade coa celebración de distintos pasacalles
O Entroido cóase nas festas de María Pita. E faino como só as comparsas coruñesas saben facelo, con humor e moita alegría. E tamén con sentido e responsabilidade, respectando todas as normativas e medidas de seguridade establecidas pola COVID 19.
Desde mañá e até o domingo, as comparsas levarán ás rúas o seu espectáculo "Pasaporte Covid" cun claro obxectivo: renderlles unha emotiva homenaxe ás e os sanitarios e ás persoas que traballaron na primeira liña durante a crise sanitaria. A Asociación Lúdico Cultural Comparsa Pantaleón, Amigos da Xoldra, Comparsa Monte Alto a 100, Malandros Escola de Samba, Kilomberos de Monte Alto e Os Maracos serán as cinco comparsas que participarán nos distintos pasacalles.
O Concello pretende facerlle "unha chiscadela" ao Entroido coruñés e agradecer o papel das comparsas que este ano non puideron saír ás rúas debido á pandemia. Para o Goberno de Inés Rey, as comparsas son a esencia dunha das festas máis representativas e importantes da nosa cidade. Así maña, ás 13.00 horas, persoas representantes das cinco comparsas renderanlle unha homenaxe a Emilia Pardo Bazán, que retratou na súa obra "La tribuna" a esencia do entroido coruñés. A estatua da escritora é o lugar elixido polas comparsas para ler o manifesto de apoio ao persoal médico e sanitario. Ao finalizar o acto, percorrerán distintas rúas da cidade practicando "unha vacinación masiva" chea de humor e risas.
O sábado, as comparsas, por separado, lanzaranse de novo ás zonas de hostalaría das rúas da Torre, Arenal, Monte Alto, e a contorna de Pescaría para seguir coa súa campaña de vacinación e amenizar coa súa música e humor a sesión vermú.
E, por último, o domingo, no Campo da Leña, ás 14.00 horas, realizarase un simbólico "enterro da COVID" nunha caixa blindada para queimar no vindeiro Entroido.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible