Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de maio de 2022

O equipo da Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos levou a cabo no día 18 de maio unha serie de actividades

Con motivo do Día das Letras Galegas que tivo lugar o día 17 de maio o equipo da Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos levou a cabo no día 18 de maio unha serie de actividades conmemorativas.

En primeiro lugar realizou unha pintada de grandes dimensións en xiz dun poema do homenaxeado do ano 2022, Florencio Delgado Gurriarán. O poema escollido foi "Guerrilleiro" do poemario "O soño do guieiro" de corte reivindicativa e social, cunha pequena adaptación dos versos iniciais para a inclusividade do feminino.

En segundo lugar repartíronse, polo Centro Municipal de Emprego e os arredores, unha serie de octavillas con poemas das homenaxeadas neste día ao longo da existencia deste festexo. Ditas octavillas contiñan unha variedade de doce poemas de doce autoras diferentes.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión