Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de maio de 2022

O equipo do obradoiro de emprego da Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos fixo o pasado venres unha visita á Coruña romana

O Alumnado fixo a visita acompañados da doctora en historia María J. Loira Enríquez.

Parte do equipo coñeceu a María a través da súa participación no ciclo de conferencias da UNED "A Coruña nun percorrido diferente." A súa presentación: "Coruña romana. Ab urbe condita" chamou a atención dos membros e decidiron contactar con ela para resolver unhas dúbidas. Despois deste contacto, foi ela mesma a que propuxo amablemente a visita guiada a través do Museo Histórico e Arqueolóxico da Coruña.

O percorrido comezou no propio museo analizando algunhas pezas da colección e a súa importancia histórica e continuou na rúa pola Cidade Vella, seguindo por María Pita e na rúa da Franxa, onde entraron no Rexistro Municipal no cal pódense apreciar uns restos arqueolóxicos da época romana na propia oficina. Finalmente, a visita rematou no Cantón Grande, lugar no que segundo a planimetría atópase soterrada unha vila romana de gran dimensión.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión