5 de agosto de 2022
As invitacións poñeranse a disposición das persoas interesadas na taquilla da Praza de Ourense e en ataquilla.com
En San Antón están programados os concertos de A Pedreira, o mércores 10 de agosto a partir das 21.30 horas, así como Valeria Castro, o xoves 11 ás 21.30 horas, e Israel Fernández, o domingo 14 ás 21.30 horas
O Festival Noroeste Estrella Galicia garantirá o acceso ao recinto ás persoas interesadas en acudir ás actuacións programadas no Castelo de San Antón o acceso. Dadas as limitacións de aforo polas características do espazo e a alta demanda ofrecerase a posibilidade de acceder con invitación previa xe xeito que quede asegurada a reserva de praza. As invitacións poñeranse a disposición das persoas interesadas a partir do 8 de agosto, e se poderán retirar tanto na taquilla da Praza de Ourense como a través de ataquilla.com.
O Festival Noroeste comezará o mércores, 10 de agosto, cun potente cartel con destacadeas figuras nacionais e internacionais, así como forte presencia de bandas e artistas galegos e tamén de mulleres, que lideran 23 das propostas que se inclúen no programa, cun total de 51 concertos.
O Noroeste Estrella Galicia ofrecerá desde o pop, rock, jazz ou blues ata músicas experimentais, urbanas ou de raíz, con bandas e intérpretes de primeiro nivel. Unha diversidade que se estende aos dez escenarios previstos, combinando grandes aforos como o da praia de Riazor, co intimismo de espazos emblemáticos como o Castelo de San Antón. Neste emprazamento están programados os concertos de A Pedreira, o mércores 10 de agosto a partir das 21.30 horas, así como Valeria Castro, o xoves 11 ás 21.30 horas, e Israel Fernández, o domingo 14 ás 21.30 horas.
24 de abril de 2024
24 de abril de 2024
24 de abril de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible