Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de agosto de 2021

O Fórum Metropolitano acollerá un ciclo de espectáculos de maxia en setembro

Forumáxico ofreceralle ao público familiar catro espectáculos de maxia todos os sábados do próximo mes O recinto municipal tamén proxectará dous ciclos de cinema en que se proxectarán 8 filmes

Cada sábado de setembro ás 19.00 h, no Fórum Metropolitano realizarase Forumáxico, un ciclo de catro espectáculos de maxia dirixidos ao público familiar (a partir de 4 anos), nos que nenos e nenas e maiores poderán gozar de comedia, drama, teatro... pero sempre coa maxia como protagonista. Unha proposta que combina distintos tipos de maxia, cartas, escapismo, malabares etc., e moito humor dando como resultado espectáculos ideais para todos os públicos, para desfrutar en familia ou coas amizades.

O ciclo Forumáxico está vencellado á Rede Galega de Teatros e Auditorios, de apoio ás artes escénicas do AGADIC.

O vindeiro luns, 23 de agosto, poñeranse á venda as entradas para este espectáculo de maxia, que arrinca o sábado 4 de setembro, en www.corunacultura.sacatuentrada.es, no teléfono 662 867 109 (de 9.00 a 00.00 h) e no despacho de billetes da praza de Ourense.

Ademais, o Fórum Metropolitano acollerá no mes de setembro os ciclos de cine "Risas en francés" e  "Estreas en versión orixinal", nos que se proxectarán as pezas: Capharnaüm, de Nadine Labaki (desde o 02/09 até o 04/09); Retour chez ma mère, de Eric Lavaine (desde o 02/09 até o 04/09); Hope Gap, de William Nicholson (dese o 09/09 até o 11/09); La bonne épouse, de Martin Provost (desde o 09/09 até o 11/09); Les invasiones barbares, de Denys Arcand (desde o 16/09 até o 18/09) e Letters to Paul Morrisey, de Armand Rovira (desde o 16/09 até o 18/09). Este último autor presentará a película o día 16 xunto co produtor do filme Jorge Vidal. A entrada, cun prezo de 3 euros, pódese mercar en www.corunacultura.sacatuentada.es.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión