Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de novembro de 2021

Todas as persoas usuarias que dispoñan de bonos poderán empregalos ata finalizar o ano ou ata que se esgote o saldo nas respectivas categorías

O Goberno amplía o período de validez dos Bonos PRESCO ata o 31 de decembro

Lage destaca que a cidadanía coruñesa consumiu preto do 65% dos fondos previstos e máis de 30 comercios chegaron ao tope de 5.000 euros en descontos

O concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas, informou os grupos, na Comisión de Economía, da evolución dos Bonos PRESCO que fomentaron a realización de compras na cidade por valor de 2,6 millóns de euros ata o día de hoxe. 

Para o concelleiro os datos poñen de manifesto o éxito do programa xa que se realizaron máis de 622.000 euros de descontos con bonos e preto de 47.000 persoas os descargaron. Ademais, o concelleiro destacou que, tal e como se comprometera, os comercios recibiron o pago dos descontos semanalmente e xa se cobraron o 90% dos descontos. 

Lage sinalou que o número de establecementos participantes na cidade supera os 700 e apuntou que máis de 30 xa chegaron ao tope dos 5.000 euros en descontos establecido por establecemento. 

O comercio foi o sector que mellor se comportou, a falta de 40.000 euros para esgotar os fondos previstos (400.000 euros), seguido do sector da estética, que consumiu o 75% dos fondos, e o da cultura, que está no 60%. 

Co obxectivo de conseguir que todos os sectores poidan chegar á dotación prevista, o Goberno local decidiu ampliar a validez dos bonos ata o 31 de decembro de 2021 coa finalidade de que todas as persoas que os descargaron os poidan usar ata final de ano ou ata a finalización dos fondos previstos.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión