Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de marzo de 2021

O Goberno local creará un Rexistro de Contratos antes de que finalice 2021

O voceiro, José Manuel Lage, anunciou hoxe no pleno a súa creación antes do 31 de decembro e por primeira vez na historia do Concello Lage Tuñas destacou que en 20 meses o Goberno local regularizou moitos servizos sen contrato, que ascendían a máis de 35 millóns de euros anuais en 2019

O Concello da Coruña contará antes do vindeiro 31 de decembro cun Rexistro de Contratos, segundo anunciou hoxe o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas. Será a primeira vez na historia en que o Concello dispoña desta ferramenta, un instrumento necesario para a racionalización da xestión e para evitar, indicou o edil, o avultado número de servizos sen contratos co que se atopou o Goberno de Inés Rey.

En 2019, a factura anual de servizos sen contrato ascendía a máis de 35 millóns de euros. O executivo municipal ten feito importantes avances nese eido, coa adxudicación de contratos tan relevantes como o da limpeza viaria, ou a licitación, despois de anos de retraso, das bibliotecas.

O Rexistro de Contratos contribuirá a mellorar a transparencia nos investimentos públicos, e axudará notablemente á racionalización dos medios municipais e a evitar prórrogas innecesarias e pagos sen facturas por non ter licitado servizos en tempo e forma. O anuncio realizouno o concelleiro e voceiro do Goberno durante o debate sobre a conta xeral, aprobada na sesión sen votos en contra. Lage Tuñas recordou que desde a chegada do Goberno de Inés Rey se rexistraron importantes avances na xestión municipal. Desde o 2019, recordou o edil, o Concello vén pagando aos seus provedores nun prazo medio inferior aos 30 días, algo que non se conseguiu nos anos previos e que lle impediu ao Concello da Coruña afrontar importantes investimentos.

Lage Tuñas recordou tamén o traballo levado a cabo polo Goberno Local na regularización dos contratos públicos. "Regularizáronse contratos, cumpriuse por primeira vez en moitos anos, co Período Medio de Pago a Provedores, e mellorouse a situación da débeda, datos que reflicten o bo facer do goberno de Inés Rey.  Onde antes había atascos agora hai solucións. É a primeira vez nos últimos cinco que pagamos aos nosos provedores por debaixo de 30 días, isto é un feito incontestable", aclarou Lage Tuñas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión