Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de abril de 2022

Pactan unha emenda conxunta que, entre outras cousas, suma 3,4 millóns de euros en ingresos pola expropiación de terreos municipais para a conexión ferroviaria do porto exterior

O Goberno local e a Marea Atlántica acordan incorporar alegacións cidadás aos Orzamentos 2022, que serán aprobados definitivamente mañá

Refórzanse, ademais, varios convenios con entidades culturais, sociais e deportivas da Coruña

O Goberno local e a Marea Atlántica acordaron hoxe rexistrar unha emenda conxunta aos Orzamentos 2022 do Concello da Coruña, co obxectivo de axustar as previsións de ingresos e incorporar alegacións cidadás, tanto de particulares como de entidades sociais, deportivas e culturais. O proxecto orzamentario, con estas melloras, será aprobado definitivamente mañá nun Pleno Extraordinario. 

Deste xeito, os ingresos previstos para 2022 aumentan en case 3,4 millóns de euros, ao identificarse unha serie de parcelas municipais no polígono de Vío, que serán expropiadas por ADIF para a construción da conexión ferroviaria do porto exterior de Punta Langosteira, segundo se anunciou no BOE do 18 de marzo. O préstamo previsto, por tanto, reducirase nesa mesma contía. 

O Goberno local e a Marea Atlántica acordaron, ademais, incrementar a partida destinada a convenios nominativos, sumando un novo convenio coa Fundación Rogelio Groba e mellorando os xa previstos coa Liga Reumatolóxica Galega "Loita contra o Reumatismo", Atlético Coruña Montañeros, Club Deportivo Padre Faustino e Orzán Sociedade Deportiva. 

Resposta ás achegas das asociacións veciñais 

Finalmente, na emenda conxunta recoñécense as alegacións das asociacións veciñais de Oza Gaiteira Os Castros, Matogrande, Falperra, Juan Flórez, Orzán, Plataforma Mallos Unidos, Cidade Vella e Elviña 2ª Fase, identificando que a maioría xa se atopan no listado de obras previstas para o 2022, e as restantes poden atenderse mediante os diferentes contratos de mantemento viario, de zonas infantís e de mobilidade existentes, sen necesidade de modificar o proxecto orzamentario.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión