Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de marzo de 2020

O Goberno local explícalle á veciñanza de Labañou os proxectos de seguridade viaria e accesibilidade para o barrio

A alcaldesa e os titulares de Urbanismo e Medio Ambiente visitaron a zona de Labañou para escoitaren aos membros da asociación de veciños e veciñas que lles demandaron melloras seguridade viaria e nas beirarrúas do barrio

A alcaldesa, Inés Rey, o concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villosalda, e a concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán, visitaron esta tarde o barrio de Labañou para reunírense con representantes da asociación de veciños e veciñas.

Os membros do Goberno local explicáronlles algúns dos proxectos que se poñerán en marcha nas vindeiras semanas e escoitaron as demandas da veciñanza que se centraron nas melloras da seguridade viaria e ampliación de beirarrúas que na actualidade non contan con boa accesibilidade.

A primeira zona que visitaron foi a máis próxima ao centro de saúde e ao centro cívico, onde os veciños e veciñas demandanron melloras para o parque infantil.

Villoslada explicoulles o proxecto que o concello vai levar a cabo na zona do grupo de vivendas de María Pita, para a reurbanización do espazo público co obxectivo de mellorar a calidade urbana do barrio e de garantir a accesibilidade en todas as súas rúas. Este proxecto responde ao compromiso do Goberno local cos barrios e cos grupos de vivendas sociais.

Os/as representantes do Executivo local tamén visitaron a zona das Percebeiras, onde o concelleiro de Urbanismo propúxolle á veciñanza conectar a zona coas vivendas de María Pita a través dun vial.

As obras da avenida de Gran Canaria, cuxo obxectivo é a humanización da zona, foron a última parada nesta visita ao barrio de Labañou.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión