Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de abril de 2021

O Goberno local inicia a reforma da rúa Rafael Bárez Vázquez por máis de medio millón de euros

O obxectivo desta actuación, cun orzamento de 529.000 euros, é modernizar o barrio e mellorar a accesibilidade peonil

O Concello inicia a vindeira semana as obras de reurbanización e humanización da rúa Rafael Bárez Vázquez por un importe de 528.911 euros. Os traballos realizaranse entre as rúas Javier López López e Vicente Aleixandre, así como no cruzamento coa avenida da Concordia. Deste xeito, o Goberno local avanza no seu Plan de mobilidade Coruña Camiña coa aprobación de proxectos e a adxudicación de obras en todos os barrios da cidade.

A alcaldesa, Inés Rey, explica que o obxectivo desta intervención é modernizar o barrio e mellorar a accesibilidade peonil: "Estas actuacións responden á aposta do Goberno local por unha mobilidade máis sustentable, máis segura e saudable". As obras, que foron solicitadas pola veciñanza do barrio nunha xuntanza, consisten na renovación do pavimento deteriorado da calzada e beirarrúas, a adaptación á normativa de accesibilidade, a redistribución das áreas destinadas ao tránsito peonil e de lecer, tránsito rodado e estacionamento de vehículos. Tamén se revisará a sinalización viaria, dotarase á zona de novo mobiliario urbano e plantaranse árbores. Os traballos teñen un prazo de execución de seis meses.

Na intersección da rúa Rafael Bárez Vázquez coa Avenida da Concordia está previsto un espazo de descanso onde se instalarán bancos e se plantarán árbores, que tamén serán plantados ao longo de toda a rúa creando deste xeito unha contorna agradable para as persoas residentes. Ademais, conservarase un gran número de prazas de aparcamento, xa que na rúa Rafael Bárez Vázquez a gran maioría dos edificios non dispoñen de garaxes para que as persoas residentes poidan gardar os seus vehículos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión