Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de marzo de 2021

O Goberno local inicia as obras previas necesarias para a instalación da plataforma de transportes en Juan Flórez

Cun orzamento total de 250.000 €, os novos cambios realizaranse a partir deste luns 8 de marzo. A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que, con esta actuación, “optimizaremos o percorrido do bus e melloraremos a seguridade viaria” nas rúas Costa da Unión e Nicaragua

O Concello inicia as obras previas do tramo que alberga a Costa da Unión e Wenceslao Fernández Flórez, necesarias para a realización da futura plataforma do transporte público localizada en Juan Flórez. A nivel de tráfico, supón un cambio do sentido na rúa Costa da Unión, que pasará a ser de subida, e na rúa Nicaragua que pasará a ser de baixada, o que permitirá unha mellor conexión viaria con Marcial del Adalid. Estes novos cambios teñen como función principal optimizar a circulación dos autobuses, evitando así os "serpenteos" e a circulación a contramarcha. 

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que, con esta actuación, "optimizaremos o percorrido do bus e melloraremos a seguridade viaria nestas vías". Canto á plataforma do transporte público, a rexedora apuntou que "cando se toman estas medidas que implican cambios importantes na mobilidade, sempre hai discrepancias" e, asegurou, "a nosa intención é sempre mellorar a calidade de vida da cidadanía, o transportes público, a mobilidade e a seguridade".

Ademais dos cambios na mobilidade, levarase a cabo unha reorganización completa da rúa Costa da Unión con novas beirarrúas que oscilarán entre os 2 e 3 metros, a recolocación da parada de autobuses e a creación dun novo paso de peóns no cruce con Médico Durán. Remodelaranse tamén os cruzamentos entre Juan Flórez e Nicaragua, así como o da Costa da Unión, Nicaragua e Enrique Dequidt. Plantaranse árbores, colocaranse novos bancos incluíndo tamén nesta reforma mobiliario urbano renovado e habilitarse unha nova zona de carga e descarga na zona de Costa da Unión.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión