Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de novembro de 2020

O Goberno local propón ao Pleno protexer unha decena de edificios de singular valor arquitectónico

Os inmobles que conforman esta primeira separata do catálogo son dez: o edificio Citröen, o do Banco do Noroeste, o edificio POU, o Edificio da Cooperativa de Alféreces, o edificio de vivendas en Juan Flórez nº28, a Escola Pablo Picasso, o grupo de vivendas dos Mariñeiros, as vivendas de Claudio San Martín, o edificio da avenida Fernández Latorre nº 43, e as vivendas pareadas na rúa do Padre Sarmiento

O Goberno local levará a Pleno a aprobación provisional da modificación do Catálogo de Edificios Protexidos do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Neste caso, co fin de acelerar a protección de dez edificios que se atopan no devandito expediente e que non están cuestionados por ningún informe sectorial, o executivo que dirixe Inés Rey entende prioritaria súa aprobación. Esta decisión permitirá protexer a estes inmobles antes do levantamento da suspensión actual das licencias no mes de decembro. A alcaldesa, Inés Rey, asegura que estes inmobles, na súa maioría exemplos de arquitectura moderna da segunda metade do século XX, son patrimonio da cidade e teñen que estar protexidos por iso urxe aprobar canto antes esta modificación.

Os inmobles que conforman esta separata do catálogo son dez, os que o Executivo local considera que teñen máis valor e que non están cuestionados por ningún dos informes sectoriais desfavorables ao documento: o edificio Citröen, o do Banco do Noroeste, o edificio POU, o Edificio da Cooperativa de Alféreces, o edificio de vivendas en Juan Flórez nº28, a Escola Pablo Picasso, o grupo de vivendas dos Mariñeiros, as vivendas de Claudio San Martín, o edificio da avenida Fernández Latorre nº 43, e as vivendas pareadas na rúa do Padre Sarmiento.

Pola súa banda, o concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan  Villoslada, anunciou o pasado 1 de outubro no Pleno ordinario que se faría esta separata "para poder axilizar a catalogación de aqueles edificios que teñen maior interés e así poder catalogalos antes de que se levante a suspensión de licenzas no mes de decembro". Dito anuncio realizouse no pleno no que se declarou fillo predilecto ao arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois, autor dun dos edificios incluidos no documento, o antigo concesionario da Citröen.

A aprobación inicial deste catálogo tivo tres informes sectoriales desfavorables de Costas, Portos do Estado e Patrimonio da Xunta. Deste xeito, e ata que non se emenden estas decifiencias, non é posible levar a aprobación provisional todo o documento. O Goberno local levará, por tanto, os dez inmobles que se consideran "máis valiosos" e que non foron cuestionados por ningún informe sectorial.

Destaca o valor patrimonial de inmobles como o edificio Citröen, obra de Andrés Fernández Albalat, del año 1959, de estética moderna americana, e cunha imaxe urbana tamén próxima ao expresionismo racionalista. Tamén a Escola Pablo Picasso, edificio de José Antonio Corrales, cunha apariencia propia da súa contorna marítima,  o edificio da antiga sede do Banco do Noroeste, de Ramón Vázquez Molezún e José de la Mata, no que salienta a reintepretación das galerías coma nova pel moderna, ou os edificios Pou e da Cooperativa de Alféreces de Miguel Fisac e Carlos Meijide respectivamente, magníficos exemplos do emprego do formigón armado e da arquitectura dos anos 60 e 70.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión