Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de xuño de 2021

O Goberno local propón protexer 36 elementos arquitectónicos, etnolóxicos e arqueolóxicos

O executivo preséntallles aos grupos políticos un borrador que inclúe novos elementos para incorporar ao Catálogo de Edificios Protexidos do Plan Xeral de Ordenación Municipal

O Goberno local propón 36 novos elementos arquitectónicos, etnolóxicos e arqueolóxicos para ser incorporados ao Catálogo de Edificios protexido do PXOM. Así o anunciou esta mañá o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, durante a realización da comisión informativa de Urbanismo que tivo lugar en María Pita. Villoslada presentou para a súa análise un documento de traballo non concluínte e aberto ás suxestións do resto de forzas políticas. Entre os elementos que o Goberno local pretende dotar con protección especial destaca a Lonxa do Gran Sol e o edificio do Observatorio Metereolóxico, así como diversos edificios de arquitectura racionalista diseminados pola cidade.  

O Goberno de Inés Rey impulsou o pasado mes de novembro unha primeira protección de  dez elementos arquitectónicos e comprometeuse a abordar a tramitación este mesmo ano, xa que a protección do patrimonio da cidade é unha prioridade marcada pola alcaldesa. Dos 36 elementos que o Goberno local propón para súa protección, un total de 23 son elementos arquitectónicos que corresponden á época racionalista dos anos 30 e 40, e o resto, diversos elementos etnolóxicos e arqueolóxicos. "Fixemos un borrador para analizar co resto de grupos as nosas propostas e seguir traballando para poder finalizar o documento e iniciar a súa tramitación no mes de setembro", explicou.

Doutra banda, o edil sinalou que a proposta prevé adecuar un nivel de catalogación da lonxa para garantir que a protección sexa compatible coas súas actividades portuarias. Ademais, a maioría dos edificios terán un nivel 3 de protección (protección ambiental), que permitirá compatibilizar a protección con obras de reforma e rehabilitación integral interior, ao tempo que garante a súa protección desde o punto de vista patrimonial. Tamén se está a estudar outra modificación puntual relativa ao Camiño Inglés que foi aprobada de maneira inicial polo pleno no ano 2016, pero que non se incluiría neste documento.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión