Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

21 de xaneiro de 2021

O Goberno local suplementa o fondo de rescate municipal con 1,2 millóns da Deputación para aboar axudas a 700 persoas autónomas máis

José Manuel Lage Tuñas: “Os fondos previstos no PRESCO xa están esgotados, mais temos o compromiso de non deixar a ninguén fóra, pagándolles axudas a todas as persoas solicitantes que cumpran os requisitos”.

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe os trámites necesarios para cumprir o acordo coa Deputación polo que o organismo provincial suplementa con 1,2 millóns de euros o plan de rescate (PRESCO) do Concello da Coruña. 

O PRESCO, aprobado por unanimidade en xuño do 2020, incluía, entre outras liñas de actuación, un orzamento de 4.985.000 euros para axudas directas a persoas autónomas e micropemes. "Eses fondos xa están esgotados, mais temos o compromiso de non deixar a ninguén fóra, pagándolles axudas a todos os solicitantes que cumpran os requisitos", indicou o concelleiro de Ecomomía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas. 

O Goberno de Inés Rey eleva así o orzamento do PRESCO ata os 14,4 millóns de euros, grazas ao acordo asinado entre a alcaldesa e o presidente da Deputación, Valentín González Formoso. "A día de hoxe, a execución dos fondos inicialmente previstos para esas axudas está case no 100%, eses fondos permitiron achegarlles a 2.200 autónomos e micropemes da cidade unha media de 2.212 euros por cada solicitante, mais as solicitudes totais que cumpren os requisitos para recibir as axudas chegan a 2.870", explicou Lage Tuñas. Os fondos achegados pola Deputación permitirán aboar case 700 axudas máis, cumprindo así o compromiso do Goberno de Inés Rey de non deixar fóra a ningún solicitante. 

Nos vindeiros días, Concello e Deputación completarán os trámites para facer efectivo o ingreso dos fondos provinciais, continuando de modo inmediato co pago das solicitudes de axudas que quedaron fóra do orzamentado no PRESCO.

"Fomos a primeira Administración en habilitar fondos para recuperar o tecido social e económico da cidade, e fomos tamén a que achegou unha maior contía para facer fronte á situación xerada pola pandemia, agora ampliamos outra vez os recursos", indicou Lage Tuñas, quen lle pediu á Xunta que de xeito inmediato aumente e execute as súas axudas directas para apoiar a sectores como o hostaleiro, especialmente afectado polos peches decretados desde o Goberno autonómico. "A Xunta é a Administración con orzamento e competencias suficientes para facer fronte a esta situación, e ten que mobilizar os seus recursos para frear a deterioración económica que está a xerar a pandemia", explicou o concelleiro e portavoz do Goberno municipal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión