Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".
20 de febrero de 2021
O Teatro Rosalía acolle esta tarde o espectáculo “Pura” da compañía coruñesa Os Náufragos con todas as localidades vendidas o que demostra a fidelidade do público coruñés
A programación de artes escénicas do IMCE para o primeiro semestre do ano comeza hoxe de novo cun cheo absoluto despois de consolidarse no ano 2020 na súa aposta polo apoio ás compañías de artes escénicas e sen cancelar apenas algún espectáculo e reforzando programación con todas as medidas e protocolos de seguridade COVID. O compromiso co sector escénico e o apoio ás compañías é total por parte do Concello da Coruña.
Así pois, o Fórum Metropolitano, o centro Ágora e o Teatro Rosalía de Castro (TRC) volven a abrir as súas portas cun protocolo COVID específico. Un protocolo conservador cuxo único fin é garantir a seguridade das persoas traballadoras, das e dos artistas, persoal técnico e público xeral. Poderemos seguir desfrutando das mellores compañías de artes escénicas, con todas as garantías de seguridade: o aforo do Forum Metropolitano, no Ágora e do TRC, que en circunstancias normais contan cunha capacidade para 300, 535 e 673 persoas, continúa reducido a 51, 90 (e 9 unidades familiares para Bebescena) e 166 respectivamente, garantindo en todo momento a distancia mínima interpersoal. Sendo obrigatorio o uso da máscara de protección en todo momento a partir dos 6 anos e recomendable entre os 3 e os 5.
Como sempre, trátase dunha programación elaborada polo IMCE, que segue consolidando públicos, a través da diversidade de disciplinas e a variedade de estilos. Unha programación para todos os públicos composta por danza (Festival TRC Danza) e teatro para adultos (ciclos Sen Numerar no Fórum e Principal do TRC), espectáculos para público infantil e familiar (ciclos Todo Público e Bebescena) e espectáculos escolares (ciclo Todo Público Escolar).
O programa do Fórum está composto por 14 compañías, que realizarán un total de 37 funcións, con 14 espectáculos diferentes e 23 días de programación; no Ágora está composto por 4 compañías, que realizarán un total de 8 funcións de 4 espectáculos diferentes en 4 domingos, e no TRC está composto por 10 compañías de teatro con 14 funcións que se desenvolverán desde o 20 de febreiro ata o 13 de xuño.
Como novidades, as funcións dos venres e sábados para público adulto adiantan o seu horario ás 20.30h no Forum e ás 20.00 no TRC para poder cumprir coas restricións á mobilidade vixentes. Ante as circunstancias actuais, os espectáculos poderán sufrir modificacións nos horarios segundo as diferentes normativas que poidan ir xurdindo, garantindo en todo momento a devolución total do importe das entradas en caso de non poder asistir se estes horarios sufrisen cambios.
Ademais, ante a situación de capacidades reducidas, no Forum Metropolitano en cada función escolar asistirá un único centro educativo e realizarase o segundo pase de cada espectáculo media hora máis tarde, para facilitar a limpeza e ventilación do auditorio.
Os prezos das entradas para os espectáculos para adultos no Forum serán de 9 euros en xeral e 7 euros para persoas desempregadas, + 65 anos e carné xove, e os dirixidos a público familiar e infantil (en Fórum e Ágora) será de 6 euros e 2 euros para menores de 3 anos e 15 euros o abono 3 (3 entradas para a mesma función). E no TRC, segundo tarifa, a partir de 14, 10, 8 e 6,5 euros (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%)
As ventas faranse a través da web https://corunacultura.sacatuentrada.es; no despacho central de billetes da praza Ourense, de luns a xoves (agás festivos) de 10.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 18.00 horas e venres de 10.00 a 15.00 horas, e unha hora antes de cada espectáculo no despacho de billetes de cada recinto (se quedan entradas).
Mais información en https://www.coruna.gal/cultura
22 de febrero de 2021
17 de febrero de 2021
26 de enero de 2021
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible