Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

20 de enero de 2022

O legado do poeta galego Manuel María chegará este sábado ao Teatro Rosalía, que acolle o espectáculo ‘A lúa vai encuberta’

A obra, gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, está dirixida por Tito Asorey. As entradas para a función, que comezará ás 20.30 horas, xa están á venda

O Concello da Coruña, a través do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), abrirá este sábado as portas do Teatro Rosalía de Castro ao espectáculo teatral 'A lúa vai encuberta', unha coprodución das agrupacións Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, inspirada no legado literario do escritor e poeta galego Manuel María.

A representación teatral, dirixida por Tito Asorey e adaptada por Vanesa Sotelo, foi a gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. O elenco de protagonistas, que integran precisamente Asorey e Sotelo, complétano Davide González e Melania Cruz.  

'A lúa vai encuberta' é un espectáculo que xira arredor da realidade galega e a procura constante por atopar unha identidade propia, enfrontándose ao pasado recente de Galicia e as súas contradicións, revelando un discurso que explica, dalgún xeito, as razóns polas que o país ten hoxe os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan.

A peza, de hora e cuarto de duración, comezará ás 20.30 horas no Teatro Rosalía de Castro. As entradas para o espectáculo xa están dispoñibles e á venda a través da páxina web de Ataquilla.com, e tamén no despacho central de billetes do IMCE sito na praza de Ourense. Ademais, en caso de dispoñibilidade, tamén se poderán adquirir no despacho de billetes do Teatro Rosalía o mesmo día da función. O prezos van de 5 a 14 euros.

O cumprimento das pautas e medidas sanitarias contra a Covid-19

Durante a sesión, e en virtude das medidas sanitarias vixentes contra a Covid-19, será obrigatorio o uso de máscaras para os asistentes. Ademais, e en todo momento, tanto na agarda, acceso e estancia dentro do recinto, as usuarias e usuarios deberán seguir as instrucións do persoal.

Será necesario presentar certificado de vacinación Covid-19, PCR ou test de antíxenos negativos, tal e como dispón a normativa vixente. Neste sentido, non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa patoloxía, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e as que non finalizasen o período de illamento, así como as personas que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa afectada por síntomas ou diagnosticada da Covid-19.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión