Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de setembro de 2022

O menú de Coruña42 volve incluír a Pasta Party

Este evento, dentro do programa do Maratón Atlántica achegará enerxía ás persoas participantes

A enerxía que se require para afrontar a esixente Coruña42 forneceráa Pasta Party, un dos eventos que inclúe o amplo programa de actividades do Maratón Atlántica.

O Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña, Palexco, acolle unha nova entrega desta festa da pasta que conta coa organización do Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes.

Nunha localización única, con vistas ao mar, as persoas que participan en Coruña42 dispoñen dunha opción saudable que lles axudará nutricionalmente na súa preparación para o Maratón Atlántica.

O sábado 1 de outubro, véspera da competición, a organización de Coruña42 propón un menú variado para corredoras e corredores, que se adaptará a todos os padais e que xerará, con diferentes tipos de pasta a elixir como prato principal, a reserva de enerxía necesaria para a carreira.

Para quen participe en Coruña42, o prezo para acudir a este evento é de 2 euros, 9 euros para acompañantes, 5 euros para as persoas que corran a 10K, 6 euros para os nenos e nenas de 4 a 11 anos; Gratis para menores desa franxa de idade.

O prazo para inscribirse á Pasta Party, accedendo a esta ligazón, conclúe o mércores 28 de setembro.

Establecéronse tres quendas de comida, cun límite de 100 prazas en cada unha. A primeira comezará ás 13.00 horas; a segunda ás 14.00 horas e a terceira ás 15.00 horas.

O tempo para comer está limitado a un máximo dunha hora para cada un dos grupos e non se poderá acceder ao comedor se xa transcorreu un cuarto de hora da quenda correspondente.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión