Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de maio de 2020

O nivel de tonelaxe de lixo que chega a Nostián reduciuse un 13% no período de confinamento

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, insta a cidadanía a que siga realizando unha correcta separación dos residuos como até o de agora

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, asegura que, durante o estado de alarma, o depósito de bolsas de lixo e cartón fóra dos colectores, así como o de útiles e voluminosos, responde a casos excepcionais. A ausencia de actividade comercial e hostaleira contribúe tamén a que os colectores estean máis baleiros. De feito, indica que hai un importante descenso na recollida de vidro e de cartón, "que poderiamos situar en preto dunha terceira parte con respecto ao que se recollía antes". O nivel de tonelaxe de residuos que chega á planta de Nostián é inferior ao que se viña dando nas semanas anteriores ao confinamento e ao rexistrado no mesmo período do ano pasado. Esta redución global constitúe aproximadamente un 13%.

Ademais, existe un dato moi revelador que seguramente incide nesa baixada e que demostra o éxodo que emprenderon moitas e moitos coruñeses ao comezar o confinamento á súa segunda residencia, situada na área metropolitana, xa que os residuos procedentes dos municipios que pertencen ao Consorcio das Mariñas e que son tratados na Coruña subiron, mentres que os xerados na cidade descenderon.

Canto á caracterización e a separación en orixe dos residuos que chegan á planta, apenas dispoñen de datos porque, por motivos de seguridade sanitaria, o cadro de persoal non realiza unha triaxe manual, se ben é certo que o resto da separación de monomateriais (plásticos, metais, pilas, cristal, cartón etc.) estase realizando correctamente, polo que desde Medio Ambiente ínstase a cidadanía a que siga comprometida coa causa.

Por outra banda, o confinamento levou tamén a que as beirarrúas, parques, xardíns e papeleiras de toda a cidade estean moito máis limpos: "Mantelos así agora que empezamos a saír á rúa non só é unha cuestión de estética, é un acto de civismo e compromiso, unha cuestión de salubridade. É imprescindible non tirarmos nada ao chan que poida xerar focos de infección". Neste aspecto, afirma que "como concelleira só podo engadir que o comportamento das e dos coruñeses á hora de depositaren os seus residuos está sendo tan exemplar como o seu confinamento. Os actos incívicos están sendo a anécdota".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión