Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de novembro de 2021

O P.E. “Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos” lánzase ás redes sociais baixo o nome de CORVXA.

CORVXA é a inicitiva do P.E. “Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos” que comeza as súas publicacións en distintas redes sociais baixo este nome coa finalidade de amosarnos o seu traballo.

A orixe do nome desta iniciativa é un xogo de palabras entre a cidade da Coruña e máis as siglas de Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos. Esta imaxe xorde pola relación das siglas CORVXA coa palabra "curuxa", ave que ten unha simboloxía ligada coa sabedoría dende a antigüidade. 

Como aves rapaces nocturnas, os integrantes deste proxecto observarán o patrimonio cultural, histórico e artístico, dende distintos ángulos, co obxectivo de acercar á xente a riqueza da nosa cidade.

Para amosarnos o seu progreso, CORVXA anuncia a apertura das redes sociais e convídavos a seguir os seus avances e a coñecer un pouquiño máis o froito do seu traballo. Podedes encontralos nas seguintes redes sociais: Twitter: @corvxa, Instagram: Corvxa e Facebook: corvxa.

Anímate a seguilos!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión