Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de novembro de 2021

O P.E. “Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos” sae á rúa con motivo do Día Internacional do Patrimonio Mundial.

O 16 de novembro, Día Internacional do Patrimonio Mundial, o P.E. “Rede Virtual de Xacementos Arqueolóxicos” saíu á rúa en busca da colaboración cidadá en dúas actividades enfocadas ao patrimonio histórico e memoria local.

O pasado día 16 de novembro realizáronse dúas actividades programadas polo grupo de dinamización cultural. A primeira actividade consistiu na recollida de información sobre hábitos de lecer cultural, coñecemento dos xacementos da Coruña e propostas de mellora mediante enquisas realizadas en distintas áreas da cidade. A segunda actividade foi levada a cabo polo grupo de fotografía, responsables de realizar unha documentación fotográfica sobre a memoria local dos barrios escollidos, apoiada no relato dos viandantes.

Ambas actividades enmarcáronse en tres áreas da cidade con perfís diferenciados: os Mallos, Agra do Orzán - Sagrada Familia, e Pescaría - Monte Alto, seguindo un percorrido predeterminado que abranguía os principais puntos de afluencia social, realizando cada un por separado a súa labor.

Gracias á información recadada coas enquisas, comprobamos que a Torre de Hércules é o xacemento arqueolóxico máis valorado da cidade, mais téñense moi presente tamén o Castro de Elviña, o Castelo de San Antón e a Cidade Vella. Ademais, atopouse que a principal canle pola que a poboación se informa do lecer cultural son as redes sociais, seguido do boca en boca e da prensa escrita.

A través do diálogo ca veciñanza sobre os cambios, costumes e símbolos dos barrios, realizáronse catro proxectos fotográficos. Mentres un grupo de veciños falaba sobre a evolución urbana do Campo de Marte, outro grupo achegaba a tradición da petanca preto do Cemiterio de San Amaro. En paralelo, noutros barrios, cidadáns dos Mallos sinalaban os espazos representativos da paisaxe local, e residentes da Agra do Orzán e Sagrada Familia narraban recordos e vivencias nas prazas e rúas.

Esperade novamente a súa presenza nas rúas!

Este programa é un programa de emprego e formación para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo, e promovido polo Concello da Coruña e o Concello de Culleredo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión