Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

7 de abril de 2021

O padroado da Fundación Seoane acorda por unanimidade a realización dun inventario das obras do artista

Decidiu tamén por unanimidade estudar a través de persoas expertas xurídicas en Patrimonio a vía axeitada para examinar e garantir as obras atribuídas a Luis Seoane pertencentes a coleccións privadas

O padroado da Fundación Luis Seoane acordou hoxe por unanimidade dos membros que asistiron á reunión convocada no pazo de María Pita a realización dun inventario coas obras de Luis Seoane. Trátase de actualizar o cronograma de traballo que xa se viña realizando para dispoñer dun inventario completo de toda a obra coñecida do artista.

Por outra banda, decidiu, tamén por unanimidade, estudar a través de persoas expertas xurídicas en Patrimonio as vías axeitadas para examinar e garantir as atribucións das obras de Luis Seoane de titularidade privada. Neste caso, o padroado entende que é necesario ofrecer un marco xurídico legal, que despexe calquera tipo de dúbida sobre as creacións que se lle atribúan ao artista.

Estas actuacións poderán garantir que as diverxencias de criterio ou as dúbidas sobre a autoría das obras se minimicen no futuro. A fundación será a institución de referencia como autoridade en relación coa obra deste autor galego universal, cuxo legado se custodia na dita fundación que leva o seu nome.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión