Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de julio de 2022

O Parque de Bombeiros da Coruña colabora na extinción dos incendios na comarca de Valdeorras

Mobilizáronse tres vehículos e ata 12 efectivos tras a solicitude do servizo de emerxencias 112 Galicia

O Parque de Bombeiros da Coruña efectuou na tarde de onte unha saída cara a comarca de Valdeorras, logo da solicitude realizada polo servizo de emerxencias 112 Galicia de colaboración de medios contra incendios. A través da alcaldesa, Inés Rey, mobilizáronse tres vehículos e ata 12 efectivos para colaborar na extinción dos incendios na comarca de Valdeorras.

Dende o pasado xoves, Galicia está sufrindo unha nova vaga de incendios nas provincias de Lugo e Ourense, con milleiros de hectáreas queimadas nas zonas de Folgoso do Courel, Oímbra e Valdeorras. "A Xunta de Galicia comunicounos a necesidade de máis medios para contribuír na extinción do lume, polo que mobilizamos a 12 efectivos e tres vehículos do Parque de Bombeiros da Coruña para colaborar no dispositivo contra incendios" explicou a alcaldesa, Inés Rey. Os equipos do Parque de Bombeiros da Coruña puxéronse a disposición do Posto de Mando Avanzado de Viloira para colaborar na extinción do Incendio Forestal da Carballeda de Valdeorras. "A nosa disposición para colaborar é total e esperamos que se solucione o antes posible, especialmente polas familias que máis o están sufrindo" sinalou a rexedora.

Os equipos de extinción traballan de forma permanente, con tres dotacións de bombeiros situadas nos arredores do Barco de Valdeorras. A unidade estivo actuando esta mesma noite na zona de Sobradelo, no termo municipal de Carballeda de Valdeorras, e coordinada co Posto de Mando Avanzado alí despregado. A alcaldesa, Inés Rey, quixo agradecer aos bombeiros a súa colaboración e entrega "o que pon de manifesto que esta é unha cidade solidaria, preparada para axudar nos momentos máis difíciles".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión