Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de novembro de 2022

O polideportivo de Novo Mesoiro centraliza os servizos da carreira

A última proba puntuable da tempada dispoñerá de ludoteca, gardarroupa e duchas

O polideportivo de Novo Mesoiro centralizará os servizos da última proba puntuable de Coruña Corre, o circuíto de atletismo popular que promove o Concello da Coruña e que terá o seu broche en decembro coa carreira que conmemora os 50 anos do CHUAC.

A xornada deportiva dará comezo ás 10:00 horas coa carreira absoluta e posteriormente, a partir das 11:30, realizaranse as probas para menores de idade.

Os dorsais, para aquelas persoas que non dispoñan do anual, entregaranse o sábado 26 desde as 11:00 ás 20:30 horas no polideportivo municipal de Novo Mesoiro e tamén o domingo 27, día da carreira, desde as 09:00 horas ata 60 minutos antes do comezo de cada unha das probas.

O código QR que incorporan os dorsais permitirá comprobar os resultados ao instante. Ademais, a aplicación de Coruña Corre tamén incorpora os tempos, percorridos e información de cada evento do circuíto e podes descargala en https://corunacorre.com/gl/web/mobile/.

A ludoteca, que favorece a conciliación, estará dispoñible o día da proba desde as 09:30 ás 12:00 horas no polideportivo municipal de Novo Mesoiro, xusto antes das carreiras de Peques.

Nese mesmo punto situarase o servizo de gardarroupa, que estará operativo o día da carreira desde as 09:30 ás 13:30, e tamén se ofrecerá o servizo de duchas desde as 10:30 ata as 13:00 horas.

Á chegada a meta, proporcionaráselles auga, xentileza de Coca-Cola, e avituallamento sólido (un boliño de pan con pebidas de chocolate de Sanbrandan e unha barriña enerxética que achega Gadis) ás persoas participantes en cada unha das categorías.

Os premios da carreira absoluta entregaranse ás 11:15 horas e os das probas de menores, a partir das 13:15 h.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión