Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de novembro de 2022

O programa Aliados, impulsado polo Concello, facilitará a inserción laboral da mocidade da Coruña no tecido empresarial dos polígonos de Agrela e Pocomaco

As asociacións empresariais tomarán parte neste proxecto pioneiro, promovido co apoio da Fundación María José Jove e a asociación Participa, co obxectivo de que persoas de entre 16 e 21 anos en risco de exclusión reciban formación para a súa capacitación laboral

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a presidenta da Fundación María José Jove, Felipa Jove; a presidenta da Asociación Participa para la Inclusión, María Martínez; e as presidentas das asociacións empresariais dos polígonos de Agrela e Pocomaco, María Begoña López Martínez e Lucía López Teijeira, asinaron esta mañá o convenio que implicará ao tecido empresarial de ámbolos dous polígonos no programa Aliados, unha iniciativa creada o ano pasado polo Concello -a través da Fundación Emalcsa-, a Fundación María Jové Jove e a asociación Participa para a Inclusión, co obxectivo de facilitar o axuste social de mozas e mozos de entre 16 e 21 anos que estean en risco de exclusión.

Aliados, un programa pioneiro no eido da inclusión, ábrese agora á capacitación laboral das persoas participantes grazas ao acordo de 'acollida empresarial' rubricado co tecido empresarial de Agrela e Pocomaco, onde as mozas e mozos que toman parte en Aliados e estean en condicións de realizar prácticas, disporán desta oportunidade a continuación dos períodos de formación deseñados para todos eles a través do programa.

O acordo abrangue a creación dunha Comisión Mixta, integrada por unha persoa representante de cada unha das entidades implicadas, para o seguimento e reorientación das accións formuladas, así como a posta en marcha de novas liñas de colaboración.

A alcaldesa, Inés Rey, puxo en valor o compromiso amosado pola Fundación Jove, a asociación Participa para a Inclusión e as asociacións empresariais dos polígonos de Agrela e Pocomaco, "amosando que, traballando en conxunto, podemos chegar a ser un motor para a transformación en positivo da nosa cidade". Para isto, continuou Inés Rey, "é imprescindible a colaboración público-privada e escoitar ao tecido asociativo, fundamental para tomar o pulso das necesidades das persoas".

Desde a posta en marcha do programa Aliados, máis dun cento de mozas e mozos coruñeses, en idade de 16 a 21 anos, tomaron parte no proxecto. Na actualidade, os técnicos do programa traballan a carón de 52 persoas, todas elas derivadas das unidades municipais de Servizos Sociais e as ONG presentes no termo municipal, que estiman individualmente cada perfil con vistas a executar un seguimento personalizado.

O programa abrangue sesións grupais de periodicidade semanal, de entre 3 e 4 persoas con intereses comúns e para as que se deseña un itinerario específico co obxectivo de facilitar a súa formación e posterior inclusión laboral. Trabállase en ciclos trimestrais e, á conclusión de cada un dos ciclos, dá comezo outro, con novas persoas participantes.

A alcaldesa lemboru que "desde as Administracións públicas, así como desde o tecido empresarial, formativo e asociativo, podemos e debemos traballar para dar solucións a cuestións como o desemprego xuvenil, e concienciar a mocidade de que pode, e debe, amosar todo o talento e capacidade de traballo que leva dentro".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión