Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de xullo de 2024

O programa Coruña en Forma arranca o luns en once espazos da cidade con actividades deportivas gratuítas

As persoas interesadas poderán participar nestas sesións, que promoven hábitos saudables durante o verán, sen necesidade de inscribirse

O Concello da Coruña porá en marcha o próximo luns, 8 de xullo, o programa Coruña en Forma, unha iniciativa que ten como obxectivo converter os espazos públicos e urbanos en instalacións deportivas ao aire libre. Trátase de actividades deportivas dirixidas, abertas á cidadanía e totalmente gratuítas que promove o Goberno de Inés Rey.

Desde o vindeiro luns e durante os meses de xullo e agosto, os coruñeses e as coruñesas poderán achegarse a diversas localizacións da cidade para participar nas actividades, sen necesidade de inscrición previa e sen límite de idade. Deste xeito, o exercicio físico moderado ocupará parques, rúas, paseos e prazas da cidade. O Goberno de Inés Rey busca promover a través deste programa unha vida saudable durante o verán.

Este ano haberá once espazos nos que se levará a cabo o programa Coruña en Forma: miradoiro do Matadoiro, parque Europa, Barrio das Flores, praia de Riazor, praza Elíptica, parque de Vioño, praza dos Mariñeiros, praza dos Avós, Novo Mesoiro (campo Cruyff Court), praza de ExpoCoruña e praza do Centro Cívico de Palavea.

Entre as actividades dispoñibles este verán están: ioga, tai-chi, ximnasia aeróbica, zumba, maiores en forma, pilates e tonificación muscular. Ademais, haberá propostas de lecer para as fins de semana con rutas a patíns e xogos con cans. As actividades terán un nivel de intensidade moderado para adaptarse a todo tipo de persoas participantes. Todas as actividades estarán supervisadas por persoal profesional con formación na actividade física.

A programación completa de Coruña en Forma pode consultarse a través das redes sociais da Concellaría de Deportes e na páxina web Coruña en forma

Documentos:

Programación completa do Coruña en Forma 2024 (127 KB)

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión