Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de outubro de 2021

O programa de emprego "rede virtual de xacementos arqueolóxicos" comeza a súa andaina.

Un total de dezaseis persoas que conforman os equipo de dinamización, programación e desenrolo de accións culturais e de produción fotográfica comezaron este pasado mes de agosto a súa andaina profesional no concello da Coruña. O programa está cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade, o Concello da Coruña e o Fondo Social Europeo.

Dezaseis rapaces, novos e de formación moi variada, traballan cada día para dar unha visión fresca e renovada aos programas culturais que se están ofrecendo na cidade. Fotogrametría,  virtualización de rutas, revisión de arquivos ou accesibilidade son tarefas nas que xa se están a mergullar cada xornada. E é que teñen asignado un encargo moi específico, o rexistro e dinamización dos xacementos arqueolóxicos da cidade son o obxectivo do seu traballo a desenrolar ao longo deste ano e até o próximo verán.

Os distintos xacementos de Elviña, Cidade Vella ou a Viaxe de Visma xa están sendo percorridos e estudados, e é habitual ver aos dous grupos de traballo cos seus cadernos, cámaras ou móbiles como ferramentas de traballo mesturados cos visitantes e cidadáns que desfrutan destes espazos.

Acompañados nesta andaina por dúas docentes especializadas, a labor deste programa será palpable dentro duns meses, cando presenten os resultados dos diferentes proxectos que están a deseñar dende as súas "oficinas" situadas no Centro municipal de emprego dos Rosais.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión