6 de setembro de 2022
A preinscrición para participar nas actividades poderá facerse a través da web www.coruna.gal/cultura do mércores ao venres desta semana
Os obradoiros contan cun total de 3.300 prazas e ofertan gran variedade de actividades: arte, literatura, música, cine, cociña, fotografía, novas tecnoloxías
Desde este mércores ao venres estará aberto o prazo de preinscrición para participar nunha nova tempada do programa Lecer Outono do Fórum Metropolitano e Ágora, que se desenvolverá desde o 3 de outubro ata o 23 de decembro e que inclúe un total de 125 obradoiros.
Durante as doce semanas do programa desenvolveranse 55 obradoiros no Fórum Metropolitano, con 1.500 prazas ofertadas; e 70 obradoiros no Ágora, con outras 1.800 prazas. Ademais retómanse os clubs, dez no Fórum e dous no Ágora; e os Círculos, tres no Fórum, que son iniciativas de lecer de autoxestión.
A preinscición poderá facerse a través da páxina web municipal, en http://www.coruna.gal/cultura desde o 7 ao 9 de setembro, aínda que haberá habilitado un teléfono (624 195 402), en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, para a aclaración de dúbidas, consultas e axuda neste proceso. As listaxes das persoas aceptadas publicaranse o día 12 de setembro.
O programa Lecer Outono de 2022 trata de ofrecer a máxima calidade co obxectivo de dar resposta á necesidade de gozar do tempo libre, con actividades de carácter cultural que fomenten a participación activa e o contacto con outras persoas afíns en afeccións e gustos culturais e as necesidades de socialización, da satisfacción de compartir que dan as actividades presenciais en vivo e en directo.
Para iso existen gran variedade de actividades culturais, con ofertas que van desde a arte á literatura, cine, cociña, fotografía, novas tecnoloxías, creatividade ou música. Como novidades pódese salientar o incremento do número de obradoiros, que pasan de 96 da anterior convocatoria de primavera aos 125 desta, o que supón un aumento de 29; e a ampliación das capacidades nas aulas, obradoiros e cines, para continuar realizando unha boa ventilación, de xeito que o número de persoas participantes en cada obradoiro medra unha media entre o 10 e o 15 por cento con respecto á primavera. Retomarase tamén o obradoiro monográfico, suspendido desde o inicio da pandemia, sobre "A Coruña na Real Exposición Filantrópica da Vacina".
Por outra parte, actualízanse os prezos dos obradoiros tras moitos anos sen modificarse, de tal xeito que a cota xeral será de 35 euros (IVE incluído); e para as persoas maiores de 65 anos, cumpridos no momento da inscrición, será de 23 euros (IVE incluído).
Máis información na seguinte ligazón:
24 de abril de 2024
24 de abril de 2024
24 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible