Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de outubro de 2026

O proxecto Allocate abre as inscricións dun novo curso de formación en intelixencia artificial verde e ética

O prazo para apuntarse á formación, que conta coa participación do Concello, comeza hoxe e estará aberto ata o 10 de novembro. A matrícula é gratuíta e os participantes serán escollidos a través dun proceso de selección

O proxecto Allocate abre hoxe o prazo de preinscrición para unha formación especializada en IA verde e ética que conta coa participación do Concello. No curso, persoal experto do ámbito académico, empresarial e institucional abordará os principais retos tecnolóxicos, ambientais e regulatorios da intelixencia artificial. Esta iniciativa conta tamén coa colaboración da Universidade da Coruña, a AESIA, Altia, Khora Urban Thinkers e o Cluster TIC Galicia. 

Os contidos inclúen: 

  • Deseño urbano baseado en datos

  • Intelixencia artificial e sustentabilidade

  • Desenvolvemento de IA enerxeticamente eficiente

  • Ferramentas para medir e reducir a pegada ambiental da IA 

  • Privacidade e seguridade dos datos 

  • Principios éticos da IA 

  • Gobernanza e regulación (AI Act) 

  • Casos prácticos sobre IA verde e ética 

As prazas son limitadas e a participación realizarase mediante un proceso de selección de solicitudes. A matrícula será gratuíta. A preinscrición pódense formalizar ata o día 10 de novembro nesta ligazón. A comunicación de persoas admitidas levarase a cabo o 11 de novembro e o período de matriculación será entre o 11 e o 13 de novembro. O período lectivo será dun mes, do 17 de novembro ao 17 de decembro. O curso está dirixido especialmente a profesionais do sector tecnolóxico e a empresas da Coruña interesadas en formar parte da Comunidade Local de Computación do proxecto Allocate. 

Allocate supón un investimento de 5,5 millóns de euros, dos cales 4,4 millóns proceden do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través da Iniciativa Urbana Europea, e 1,1 millóns son achegados polo Concello da Coruña.

O proxecto ten como obxectivo crear unha comunidade local de empresas para impulsar as súas capacidades en intelixencia artificial, con especial foco nunha IA verde e ética. Para conseguilo, poñerase á súa disposición unha infraestrutura de computación que lles permitirá probar e validar algoritmos, acceder a formación especializada e a datos urbanos de calidade, e participar nunha convocatoria para desenvolver solucións baseadas en IA aplicadas a casos reais da cidade, relacionados cos ámbitos da mobilidade, a xestión de residuos e a atención á cidadanía.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión