Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Cando:

11 de febreiro de 2020

O proxecto Coruña Suma chega ao Centro Cívico de Elviña

Un equipo técnico do Proxecto de emprego “Coruña Suma”, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, xa está á túa disposición no Centro Cívico de Elviña, na praza de Esteban Lareo Castro (A Coruña).

Se estás en situación de desemprego e te queres formar en sectores profesionais como:

  • Atención a persoas dependentes e infancia (atención sociosanitaria, comedor escolar, actividades de tempo libre etc.)
  • Comercio e mercadotecnia (almacén, comercio etc.)
  • Actividades físicas e deportivas (socorrismo acuático en praias e piscinas)
  • Administración e xestión (rexistro, arquivo, recepción etc.)
  • Hostalería e turismo (axudante de cociña, servizo básico de restaurante etc.)
  • Industria alimentaria (carnicería, peixería etc.)
  • Informática e comunicacións (Java, xestión comercial etc.)

Todos os itinerarios formativos do proxecto "Coruña Suma" teñen prácticas en empresas. Ademais, contamos cun equipo técnico de orientación e intermediación laboral que che axudará a atopar un emprego axeitado á túa formación.

Chama ao Centro Cívico de Elviña ao tlfno 981 18 43 58 (Ext. 37301 e 37302) e infórmache.

Enderezo:

Centro Cívico Elviña. Praza Esteban Lareo Castro s/n. 15008 A Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión