Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de xullo de 2022

O autor de ‘Mediterráneo’ realizará un repaso pola súa intensa traxectoria de 57 anos nos que conquistou a varias xeracións cantando a Machado, Benedetti ou Miguel Hernández, loitando pola democracia e impregnando do seu estilo inconfundible numerosos xéneros musicais en todo o mundo

O público coruñés renderalle homenaxe o venres a Joan Manuel Serrat no seu concerto da xira de despedida nun Coliseum cheo

O concerto, que comezará ás 22.00 horas, forma parte da aposta do Goberno municipal polas grandes citas municipais, que traerán á cidade a destacados artistas do panorama nacional e internacional como Rosalía, Simple Minds e Alejandro Fernández

O Coliseum da Coruña acollerá este venres, 8 de xullo, o esperado concerto de Joan Manuel Serrat, unha cita única que forma parte da súa xira de despedida, "El vicio de cantar, 1965-2022".

O recital comezará ás 22.00 horas, con apertura de portas ás 20.30 horas. As escasas entradas que quedan dispoñibles poden adquirirse en www.ataquilla.com.

A capacidade practicamente completa constitúe o mellor tributo do público coruñés a este artista que, despois da forzosa inactividade pola pandemia, sempre dixo que quería despedirse persoalmente do público co que compartiu vida e cancións durante máis de medio século. "Antes de que me retire una pandemia, el tiempo o la gente, me retiro yo, pero me retiro de subirme a los escenarios, no de vivir". Con estas palabras explicaba o por que desta despedida o cantante, que terá cumpridos os 79 anos ao final da súa intensa xira, que comezou en Nova York en abril de 2022 e está previsto que remate no Palau Sant Jordi de Barcelona o 23 de decembro.

No concerto do venres, Joan Manuel Serrat realizará un repaso polos temas míticos da súa traxectoria abordando numerosos xéneros e estilos nos que afondou desde a súa infancia marcada polas melodías de radio e os sons dos patios de veciños. Tocando paos tan dispares como a copla, o flamenco ou a música latinoamericana, agárdase do seu recital unha viaxe na que, como sinalaba o propio artista, plantéxase como "unha visita aos lugares comúns, aos amigos, ás comidas, as bebidas, ás paisaxes e ás lembranzas". O autor dese himno que é "Mediterráneo", que cantou a Antonio Machado, Miguel Hernández ou Mario Benedetti, que se opuxo á ditadura e que acompañou con decisión e esperanza a democracia española, ofrecerá un concerto, dun mínimo de dúas horas.

Aposta do Goberno municipal polas grandes citas musicais

Este concerto enmárcase na aposta do Concello da Coruña polas grandes citas musicais en numerosos espazos da cidade como o Coliseum da Coruña, que continuará abrindo as súas portas a outros destacados artistas do panorama nacional e internacional durante o ano 2022. Entre eles destaca o da artista Rosalía, que presentará o día 29 de xullo o seu último traballo, 'Motomami'. Durante os próximos meses tamén está previsto que actúen na Coruña intérpretes e grupos da categoría de Camilo, Simple Minds, Leiva, Il Divo, Malú, Melendi, Dani Martín ou Antonio Orozco, entre outros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión