3 de novembro de 2026
Esta iniciativa, que se celebrará os días 6 e 7 de novembro, coincide coa publicación da obra ‘El mar tenía un amargo sabor a lágrimas. Memorias (1937-1945)’
O Concello, a Asociación Para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) a Deputación e a editorial Alvarellos organizan este venres e sábado (6 e 7 de novembro) unhas xornadas arredor da escritora Syra Alonso.
A figura de Syra Alonso (1899-1970), coruñesa, compañeira do pintor de vangarda Francisco Miguel e exiliada en México tras o asasinato deste en 1936, será obxecto desta iniciativa de divulgación que terá lugar no Quiosco Alfonso.
Estas Xornadas coinciden coa publicación, por parte de Alvarellos Editora, da obra de Syra Alonso 'El mar tenía un amargo sabor a lágrimas. Memorias (1937-1945)'. Unha parte destas Memorias viu a luz en galego no ano 2000 (con reedición en 2025 por Alvarellos Editora). Agora é editada co recente achado en México, por parte de Conrado J. Arranz Mínguez, de novos e valiosos manuscritos.
O programa completo é:
Venres 6 de novembro
18.00: 1.ª mesa. Coordina: Consuelo Bautista.
Carme Vidal, 'O regreso do exilio dos Diarios de Syra Alonso'.
Nerea González, 'Como seguimos despois do vivido? Unha mirada de Syra Alonso dende a psicoloxía'.
Anxos Sumai, 'A lingua e a tradución das memorias de Syra Alonso'.
Tono Correa Corredoira, 'Syra, manancial de sombras'.
19.00: 2.ª mesa. Coordina: Cristina González Novoa.
Olivia Tudela, 'Syra Alonso e a Coruña de vida e morte'.
Olga Patiño, 'O poder da luz nos Diarios de Syra Alonso'.
Rosario Mascato,' O percurso lisboeta de Syra Alonso cara ao exilio'.
Yirel de la O Molina, 'Claves para una lectura afectiva de las memorias de Syra Alonso'.
Sábado 7 de novembro
11.00: 3.ª mesa. Coordina: Jorge Calle.
Xavier Seoane, 'A transcendencia do testemuño persoal e histórico de Syra Alonso'.
María Valcárcel, 'Los diarios de Syra: un acto de afirmación de la dignidad humana'.
Olga Novo, 'As subalternas da cáscara amarga a través de Syra Alonso'.
Ramón Nicolás, 'Algunhas claves dos relatos de Syra Alonso nos seus Diarios'.
Miguel Anxo Fernán Vello, 'Syra Alonso, memoria e literatura'.
12.00: 4.ª mesa. Coordina: Carmen Rodeja.
Inmaculada Otero, 'Narradora e protagonista. O eu literario das memorias'.
Cesáreo Sánchez Iglesias, 'Syra e a casa da felicidade'.
Olga Mahía, 'O latexar das marxes'.
Conrado Arranz, 'Syra Alonso, una escritora en movimiento'.

18 de novembro de 2026

15 de novembro de 2026

12 de novembro de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible