Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de xaneiro de 2021

O sábado 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz e a Non Violencia

Desde o SME poñemos en valor esta efeméride cunha serie de propostas educativas

O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz e a Non Violencia, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e de paz. Comprometidos co entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar, desde o Servizo Municipal de Educación queremos poñer en valor esta efeméride.

O Día da Paz, pola súa temática de non violencia, resolución de conflitos e convivencia, pode traballarse en todos os niveis educativos, desde Educación Infantil ata Bacharelato. Desde o SME, propoñémosvos participar nunha actividade promovida por Unicef, consistente en crear debuxos de paisaxes coa auga e a paz como protagonistas. Aquí podedes descargar o modelo e, se vos apetece, subilo ás redes sociais etiquetándonos a @coruna_educa .

Ademais, deixámosvos esta serie de recursos didácticos para celebrar o día escolar da paz e a non violencia, de Educación 3.0.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión