Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de marzo de 2020

O Servizo de Normalización Lingüística promove dúas actividades no marco do programa Falamos

Trátase de dúas actividades dirixidas ao alumnado de Primaria que se levarán a cabo nos meses de marzo e maio

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña ofrécelles aos CEIP dúas actividades dirixidas ao alumnado de Primaria.

  • 7 pases escolares de "Radio Bulebule", de Paco Nogueiras. Cada actividade durará aproximadamente 60 min e será gratuíta. Realizarase do 23 ao 27 de marzo.
  • 7 pases escolares de Uxía Lambona e a Banda Molona. Cada actividade durará aproximadamente 35-40 min e será gratuíta. Realizarase do 25 ao 29 de maio.

Inscrición nas actividades:

Para participar en ambas as actividades, cada centro da Coruña deberá remitir, desde o xoves 12 de marzo, un correo a inscricionslingua@coruna.es cos seguintes datos:

-Teléfono do centro, nome e teléfono do profesorado que vai acudir á actividade acompañando o alumnado e sesión á que queren asistir.

-Número de alumnas e alumnos que van acudir e indicación do curso ao que corresponden.

Se non se cubrisen as prazas ofertas, o martes 17 de marzo abrirase un novo prazo onde tamén se poderán inscribir centros de fóra da cidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión