Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de agosto de 2024

O servizo de recollida de emerxencia do lixo reforzarase a partir do vindeiro luns, con máis persoal de limpeza

Este venres asinouse o decreto de ampliación da emerxencia sanitaria

A Comisión de Seguimento da emerxencia sanitaria composta pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, ademais de técnicos municipais das diferentes áreas, fixo seguimento este venres do estado actual da recollida de lixo, así como das incidencias vandálicas que se están a producir.

Neste sentido, e atendendo á situación actual nos barrios, a alcaldesa asinou hoxe o decreto de ampliación da emerxencia sanitaria a toda a cidade, non só a determinados puntos. Isto suporá un reforzo do persoal de limpeza que está a asumir o servizo de recollida de emerxencia, e que permitirá traballar con doble turno. Desta forma, o equipo de traballo contará con 22 persoas máis para limpar en horario de mañá e tarde en toda a cidade mentres non se normalice a situación. A previsión do Concello é que este reforzo de persoal para afrontar a situación na que se atopa a cidade se poña en marcha o vindeiro luns 5.

Evolución da recollida polo servizo de emerxencia

Na xornada de onte, a empresa de emerxencia que reforza a recollida de residuos na cidade, Valoriza, recolleu un total de 70 toneladas de lixo orgánico e inorgánico, sen incidencias.

Desde a posta en marcha da recollida de emerxencia dos residuos acumulados nas rúas, os operarios de Valoriza xa recolleron un total de 466 toneladas de lixo.

Tres persoas feridas leves polos actos vandálicos de onte

Desde o pasado 24 de xuño, no San Xoán, produciuse a queima intencionada de 157 contedores nos diversos distritos da cidade, actos vandálicos que, ademais de implicar uns custos de case 400.000 euros para as arcas municipais, tamén están a supoñer afectacións e danos a bens patrimoniais das veciñas e veciños da Coruña.

Na pasada noite contabilizáronse sete contenedores afectados. O primeiro deles, ás 03.36 horas, na rúa Napoléon Bonaparte, en Vioño, onde os Bombeiros interviron para extinguir o lume nun contenedor de papel. Houbo vehículos particulares afectados.

Xa ás 04.55 horas, no cruzamento entre as rúas Ramón del Cueto e Ángel Rebollo, en Monte Alto, os Bombeiros volveron a intervir para sofocar un incendio en catro contenedores. O fume chegou a entrar nun edificio da contorna, afectando a tres persoas, feridas leves, que tiveron que ser atendidas polo 061 a causa dunha intoxicación, derivada dos gases do lume. Ademais, o incendio afectou a dous vehículos e tamén a un baixo.

Non foi a última incidencia da noite, xa que ás 05.08 horas notificouse unha nova intervención na rúa Faro, tamén en Monte Alto, por outros dous contenedores queimados.

A folga indefinida, sen traballadores secundando o paro

No quinto día de folga indefinida, segundo confirma a concesionaria, ningunha persoa traballadora secundou o paro, ao igual que nas anteriores xornadas. Malia non haber ningún traballador en folga, as rúas permanecen con acumulacións de lixo sen recoller, cun impacto claro en barrios como a Sagrada Familia, A Sardiñeira, Os Mallos, Os Castros e O Castrillón, onde as porcentaxes de recollida foron inexistentes.

Porcentaxes de recollida da empresa adxudicataria da pasada noite, por zonas

Así foi, na pasada madrugada, o balance de recollida de lixo por parte da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Prezero.

Monte Alto: 25%

Cidade Vella: 20%

Pescaría - Centro: 100%

Os Rosales - Labañou: 20%

Estadio: 100%

Ventorrillo - Agra do Orzán: 45%

Sagrada Familia: 0%

A Sardiñeira - Elviña: 0%

Os Mallos: 0%

O Castrillón: 0%

Os Castros: 0%

Matogrande - Eirís: 35%

Mesoiro - Feáns - Valaire: 25%

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión