Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de abril de 2022

O Servizo Municipal de Emprego do Concello da Coruña vai comezar a preparación das competencias clave de matemáticas, lingua castelá e lingua galega

O fin é preparar a persoas que se vaian presentar ás probas de avaliación de competencias clave para poder acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 da Xunta de Galicia

O pasado 7 de abril rematou o prazo de presentación para participar nas probas de avaliación de competencias clave (matemáticas, lingua castelá e lingua galega) convocadas pola Xunta de Galicia e que se levarán a cabo a finais do mes de xuño na localidade de Silleda.

Polo que para poder participar nesta formación, as persoas interesadas deberán matricularse previamente na Delegación da Consellería de Emprego e Igualdade de Xunta de Galicia.

A superación das devanditas probas de competencias clave permitirá o acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2, a través dos cursos da Xunta de Galicia.

A duración da preparación será de 90 horas, 30 por cada competencia e o concello poñerá a disposición do alumnado un autobús para o traslado de ida e volta á localidade de Silleda, o día do exame.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta preparación e que se inscribiron nas probas poden chamar ao Centro Municipal de Emprego do Concello da Coruña, a través do 010 ou do 981 184 399.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión